Alberto Burri
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de marzo de 1915 Città di Castello |
| Morte | 13 de febreiro de 1995 Niza |
| Educación | Universidade de Perugia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | pintor, farmacéutico, gravador, artista land, escultor, colaxista |
| Período de actividade | 1941 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Escultura, assemblage, pintura e Land art |
| Movemento | Fluxus, Nouveau réalisme (pt) |
| Representante | Artists Rights Society |
| Participou en | |
| 19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
| 28 de xuño de 1964 | Documenta III |
| 11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| Sitio web | fondazioneburri.org… |
Alberto Burri, nado en Cittá di Castello (Perugia) o 12 de marzo de 1915 e finado en Niza (Francia) o 13 de febreiro de 1995, foi un artista plástico italiano. Traballou tanto a pintura como a escultura e a súa creación abranguiu varios estilos, arte povera, land art e fluxus entre outros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1934 e 1939 estudou medicina, titulouse en 1940 na Universidade de Perugia e foi médico militar durante catro anos na Segunda guerra mundial. Despois de que a súa unidade fora capturada no Norte de África, foi internado en 1944 nun campo de prisioneiros en Hereford, Texas, onde vai pasar 18 meses de catividade e onde tamén comezou a pintar. Despois da súa liberación en 1946, trasladouse a Roma e adicouse en exclusiva á pintura; a súa primeira exposición individual tivo lugar na Galería La Margherita en 1947. Despois expuxo na Galería Marlborough de Nova York e na galería de France de París.
En 1951, xunto con outros artistas coma Giuseppe Capogrossi o Ettore Colla, fundou en Roma o "Gruppo Origine". Posteriormente marchou ós Estados Unidos, onde impartiu aulas de arte dende 1953 ata 1960. Participou na Documenta 2, 3 e 7 de Kassel. Volveu traballar a Roma a partir de 1960. A súa primeira exposición retrospectiva celebrouse na Bienal de Venecia de 1960; en 1972 celebráronse retrospectivas en Turín e París.
Recibiu a Orde o mérito italiano en 1994. Città di Castello lémbrao cun gran museo permanente das obras.