Generalife
Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada | |
---|---|
![]() O Patio da Quenlla | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 37°10′37″N 3°35′24″O / 37.17694, -3.59000 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, III, IV |
Inscrición | 1984 (8ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 314 |
O Generalife (do árabe جَنَّة الْعَرِيف Jannat al-‘Arīf) é a vila con xardíns habitada polos reis musulmáns de Granada como lugar de descanso, situado na cidade de Granada, España. Foi declarado, xunto coa Alhambra e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.[1]
Historia e características[editar | editar a fonte]
Foi concibida como vila rural, onde xardíns ornamentais, hortos e arquitectura se integraban, nas proximidades da Alhambra. A orixe do nome está discutida. Algúns avogan por Yannat al-Arif como "Horta do Arquitecto", ou "Xardín do arquitecto" aínda que puido significar "O máis excelso xardín". Ese horto real era común nas cortes hispano-árabes e é froito das reformas e engadidos que lle achegaron os diferentes sultáns. Polos seus elementos decorativos máis antigos, o pazo debeu de construírse a finais do século XIII polo segundo sultán da dinastía nazarí, Muhammad II (1273-1302).
O Generalife está situado fóra das murallas da Alhambra, ao leste, na ladeira do Cerro del Sol. Foi terreo de recreo dos sultáns nazaríes pero tamén utilizado para a súa explotación agrícola. No período medieval tiña polo menos catro hortas e a residencia é un pazo ao que o visir Ibn al-Yayyab chamou a "Casa Real da Felicidade".
É de estilo árabe nazarí e está situado no lado setentrional da Alhambra. Na época da súa construción, estaba situado fóra do perímetro da Granada musulmá, e carecía de comunicación directa coa Alhambra, sendo o seu acceso principal o camiño do Barranco Aikabia, a actual Costa dos Chineses, que ascendía dende o río Darro.[2]
Está formado por un conxunto de edificacións, patios e xardíns, que o converten nun dos maiores atractivos da cidade de Granada, e, xunto coa Alhambra, nun dos conxuntos arquitectónicos máis destacables da arquitectura civil musulmá. Dende o exterior contémplanse dous pavillóns situados a norte e sur, e comunicados por un patio percorrido polo curso da auga, os dous pavillóns encóntranse moi reformados.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Vista dende a Alhambra
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Alhambra, Generalife and Albayzín, Granada" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 09-02-2013.
- ↑ Seco de Lucena, L.: Plano de Granada Árabe, Granada, 1910, reimpreso facsimil en 1982, a escala 1:1000
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Generalife ![]() |