República de Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Alba

Localización
CapitalAlba, Piemonte Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación26 de abril de 1796 Editar o valor em Wikidata
Disolución28 de abril de 1796 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata

A República de Alba foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa, de brevísima existencia (do 26 ao 28 de abril de 1796). Proclamada no concello de Alba, no Piemonte (hoxe na provincia de Cuneo), foi recuperada polos piemonteses dous días despos da súa proclamación. Posteriormente, o 19 de abril de 1801, o territorio da República foi anexionado por Francia.

Non debe confundirse coa República Piemontesa nin coa República Subalpina, dúas Repúblicas irmás nacidas nos anos inmediatamente seguintes no Piemonte. Tampouco coa república co mesmo nome que foi proclamada polos partisanos na mesma localidade o 10 de outubro de 1944, durante a segunda guerra mundial, e que foi disolvida o 2 de novembro dese mesmo ano.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a chegada a Italia do mozo xeneral Bonaparte ao mando do exército de Italia e das súa vitoriosas batallas de Montenotte (11-12 de abril),[1] Millesimo (13-14 de abril),[2] e Dego (14-15 de abril),[3] e as de Ceva e Mondovì (21 de abril),[4] o 26 de abril de 1796 as tropas francesas chegaron á cidade de Alba, que ocuparon, e onde se estableceu un Consello revolucionario dirixido polos patriotas Ignazio Bonafous e Giovanni Antonio Ranza.

Foi proclamada a República irmá de Alba, cuxos propósitos eran ser a base para a unificación italiana e a difusión dos ideais de liberdade representados pola Revolución Francesa.

Vítor Amadeu III de Savoia.

Poucas horas despois da proclamación da república, Alba impuxo fortes contribucións aos veciños das comunidades limítrofes, como Guarene, Corneliano d'Alba e Castagnito, que as aceptaron, ao contrario que as de Sommariva Perno, Vezza e Canale, que se negaron a contribuír á causa republicana.[5]

A República tivo unha vida extraordinariamente breve: o 28 de abril, coa sinatura do armisticio de Cherasco, no palacio Salmatoris, Vítor Amadeu III de Savoia recuperaba Alba. De acordo co tratado, o xeneral Signoris entrou na cidade e recuperou facilmente o mando. Ignazio Bonafous, feito prisioneiro, nun intento de salvarse, escribiu ao rei para que o exonerase das acusacións.[5]

Porén, mentres recuperaba Alba, mantendo así o control de Turín, debido á derrota que sufriu o rei, tivo que ceder aos franceses as fortalezas de Tortona, Alessandria, Cuneo e Ceva, permitindo o libre paso das tropas bapoleónicas polo Piemonte para continuar a guerra contra Austria.

Coa batalla de Lodi, o 10 de maio de 1796 e a derrota do xeneral austríaco Jean Pierre de Beaulieu, Napoleón abriu o camiño para a conquista de Milán. Finalmente, o 15 de maio, polo tratado de paz de París, o condado de Niza e o ducado de Savoia pasaron do Reino de Sardeña a Francia.

Bandeira[editar | editar a fonte]

A súa bandeira foi deseñada polo xacobino Giovanni Antonio Ranza, quen dixo que as cores azul e vermella eran de Francia mentres que a alaranxada é a da árbore do escudo do Piemonte. A bandeira existiu en dúas versiones tricolores, en horizontal e en vertical, e aínda se utiliza hoxe en día nalgunhas ocasións na rexión do Piemonte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Contra os austríacos.
  2. Contra os piemonteses.
  3. Contra o que quedaba das tropas austro-piemontesas.
  4. Contra os restos do exército piemontés, que estaba agora illado.
  5. 5,0 5,1 Giorgio Enrico Cavallo (2016): La tirannia della libertà: il Piemonte dai Savoia a Napoleone. Collegno: Chiaramonte Editore. ISBN 978-88-9572-154-5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]