Alan Boguslavsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alan Boguslavsky
Nome completoAlan Boguslavsky
Nacemento18 de maio de 1965 (54 anos)
OrixeOs Ánxeles (California) California state flag.png
Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónMúsico
XéneroRock
Instrumento(s)Guitarra
Relacionado conHéroes del Silencio
Bogusflow
Tempo en activo1993 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Alan Boguslavsky, nado nos Ánxeles (California) o 18 de maio de 1965, é un músico mexicano de orixe estadounidense, coñecido especialmente pola súa etapa como segundo guitarrista de Héroes del Silencio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a México sendo aínda moi novo. Foi un curmán seu quen lle ensinou os primeiros pasos coa guitarra, ensinándolle "Hotel California", "Wish You Where Here"... Pero a súa maior aprendizaxe foi nunha viaxe que fixo por Europa, onde se gañaba a vida tocando. Percorreu Europa cunha mochila e a súa guitarra ao lombo.

Cando regresou a México formou un grupo chamado El Huitlacoche e acompañou a Kenny y los Eléctricos. Un día Kenny fixo unha festa na que estaba tamén Pedro Andreu. Enseguida Alan e el fixeron amizade e Pedro convidouno a ver o seu concerto do día seguinte. Alan quedou abraiado pola actuación e polo grupo, e foi saudalos ao camerino.

Meses máis tarde, Juan Valdivia (guitarrista de Héroes del Silencio) suxeriu a idea de incorporar un novo guitarrista, porque os arranxos de El espíritu del vino eran moi complicados, así que o que fixeron foi mandarlle unha carta a Alan, que pasaría a ser un integrante máis do grupo.

Trala separación de Héroes del Silencio, Alan colaborou no primeiro disco de Enrique Bunbury, Radical sonora, e acompañouno na súa xira. Posteriormente, no 1999 creou o seu propio grupo chamado Bogusflow (en principio quíxoo chamar JADE, pero ese nome estaba xa rexistrado) no que estaban algúns dos músicos que tiña Bunbury. Nese ano sacou o seu primeiro disco chamado tamén Bogusflow, que recibiu moitos eloxios.

No 2002, Alan saca un disco acústico en solitario chamado The Art Of Waiting, gravado na súa propia casa, coa súa voz e unha guitarra como principais protagonistas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* Bogusflow (1999)
* The Art Of Waiting (2002)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]