Al-Nawawi
Al-Nawawi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | outubro de 1233 |
Lugar de nacemento | Nawa |
Falecemento | 22 de decembro de 1278 |
Lugar de falecemento | Nawa |
Etnia | Árabes |
Relixión | Islam |
Ocupación | muhaddith, alfaquí e ulema |
Coñecido por | Al Minhaj bi Sharh Sahih Muslim, Imam Nawawi's Forty Hadith, The Gardens of the Righteous, sen etiquetar, Al Athkar Al Navavi, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Khulāṣat al-aḥkām fī muhimmāt al-sunnah wa-qawāʻid al-Islām, sen etiquetar e Clarification in the etiquette of the Qur’an campaign |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abū Zakariyyā Yaḥyā ibn Sharaf al-Nawawī (en {{lang-ar|أبو زكريا يحيى بن شرف النووي), nado en Nawa en 1233 e finado na mesma cidade en 1277, coñecido como al-Nawawī ou Imam Nawawī foi un xurista sunnita shafi'ita e estudoso do hadith.[1] Foi o autor de numerosos e longas obras sobre o hadith, biografías e xurisprudencia.[2] Al-Nawawi nunca casou.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Al-Nawawi naceu en Nawa preto de Damasco.[1] Como no árabe e outras linguas semitas, a última parte do seu nome refírese á súa patria.
Estudou en Damasco dende os dezaoito anos e tras facera peregrinación en 1253 estableceuse aló como estudoso privado.[4] Os seus mestres estaban considerados como autoridades das súas materias e nas disciplinas que ensinaban. Estudou o hadith, a xurisprudencia islámica, os seus principios, sintaxe e etimoloxía.[5]
Nawawi provocou a ira do sultán mameluco Rukn al-Din Baybars, cando recolleu a petición dos residentes de Damasco que buscaban alivio dos fortes impostos durante unha seca que durou varios anos.[6] Isto levou a que Baibars o ameazase coa expulsión de Damasco.[7] A isto respondeu:
Por min, as ameazas non me feren nin significan nada para min. Non evitarán que aconselle o gobernante, porque creo que iso é obrigatorio para min e para os outros.[8]
Faleceu en Nawa aos 44 anos.
Legado[editar | editar a fonte]
O legado duradeiro de al-Nawawi é a súa contribución á literatura do hadith mediante as trascendentais obras Corenta hadiths e Riyadh as-Saaliheen.[9] Isto fixo que foxe respectado en todas as madhabs, a pesar de que fose da xurisprudencia shafi'i.[10] Segundo Al-Dhahabi, a concentración e a absorción de Imam Nawawi no amor académico valeulle fama proverbial.
Destrución da tumba[editar | editar a fonte]
En 2015, durante a guerra civil siria, a súa tumba foi demolida polos rebeldes ligados a Al Nusra.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Ludwig W. Adamec (2009), Historical Dictionary of Islam, pp.238-239. Scarecrow Press. ISBN 0810861615.
- ↑ Fachrizal A. Halim (2014), Legal Authority in Premodern Islam: Yahya B Sharaf Al-Nawawi in the Shafi'i School of Law, páx. 1. Routledge. ISBN 041574962X.
- ↑ Abou Al-Fadl, Khaled (2005). The Search for Beauty in Islam: A Conference of the Books. Rowman & Littlefield. p. 174. ISBN 978-0742550940. Consultado o 2016-02-20.
- ↑ Encyclopedia Britannica
- ↑ "40hadithnawawi.com". 40hadithnawawi.com. Consultado o 2014-05-20.
- ↑ "Amon our perennial faculty". Zaytuna College. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ Dekmejian, R. Hrair (1995). Islam in Revolution: Fundamentalism in the Arab World Contemporary issues in the Middle East (illustrated, reprint, revised ed.). Syracuse University Press. p. 38. ISBN 0815626355.
- ↑ Zarabozo, Jamaal al-Din M. (2008). Commentary on the Forty Hadith of al-Nawawi (2-Volume Set). Denver: Al-Basheer Company. p. 37.
- ↑ "40 Hadiths of Imam Nawawi". 40HadithNawawi. Muslim American Society. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "Who Was Imam Al Nawawi (R)". Youtube. 17 de xuño de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ "Syrian fighters destroy historic Muslim tomb". Al Jazeera English. 8 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.