Saltar ao contido

Aguti negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguti negro
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Hystricomorpha
Familia: Dasyproctidae
Xénero: Dasyprocta
Especie: D. fuliginosa
Wagler, 1832
Sinonimia

Dasyprocta nigra Gray
Dasyprocta nigracans Wagler

O aguti negro[2] (Dasyprocta fuliginosa) é unha especie de roedor histricomorfo da familia Dasyproctidae propia de Suramérica. É nativo do sur de Venezuela, leste de Colombia, nordeste do Perú, leste de Ecuador e o noroeste do Brasil, até os 1500 m de altitude. Existe unha poboación disxunta no val do río Magdalena, no norte de Colombia.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

O seu corpo rolda os 45 a 76 cm de longo, cunha cola de 1 a 3 cm. As femias son menores ca os machos. As patas posteriores teñen 12 a 14 cm de lonxitude con tres dedos. Na pata anterior ten 4 dedos e un vestixio de polgar. A pelaxe superior é negruzco agrisada, máis longa no lombo; nas partes inferiores é castaño a amarelo e branco.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Son crepusculares e nocturnos, o seu principal alimento son froitos, especialmente de palmas, aínda que tamén consomen sementes, algunhas herbas e tubérculos. Adáptanse moi ben ás modificacións introducidas polo hombre, aínda que son intensamente cazados pola súa carne.

Cada femia ten dous partos ó ano, en cada un dos cales nacen 2 crías (en ocasións 3 ou até 4). A xestación dura de 98 a 110 días.

  1. 1,0 1,1 {{{assessors}}} (2008). "Dasyprocta fuliginosa". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2009. 
  2. "Entrada aguti en Digalego". Consultado o 05 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Borrero, J. I. 1967. "Dasyprocta fuliginosa"; Mamíferos Neotropicales. 1.ª. Edición. Departamento de Biología. Universidad del Valle. Cali, Colombia.
  • Eisenberg, John F. and Kent H. Redford, 2000. Mammals of Neotropics: Ecuador, Bolivia and Brazil.
  • Linares, O. 1998. "Dasyprocta fuliginosa"; Mamíferos de Venezuela. 1.ª. Edición. Sociedad Conservacionista Audubon de Venezuela. Caracas, Venezuela.
  • Ojasti, J. 1993. "Dasyprocta fuliginosa"; Utilización de la fauna silvestre en América Latina. Situación y perspectivas para un manejo sostenible. 1.ª edición. FAO. Italia.
  • Otero, R. 1977. "El ñeque, un gamín de la selva"; Esso Agrícola 3: 13-16.