Saltar ao contido

Aguia rapaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguia rapaz
Aquila rapax
Coenraad Jacob Temminck 1828 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   A. rapax (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Aquila rapax rapax
 Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes
FamiliaAccipitridae
XéneroAquila
EspecieAquila rapax Editar o valor en Wikidata
(Temminck, 1828) Aquila rapax Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   1,706 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   2 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   42 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/038kf9 Editar o valor en Wikidata
ITIS175415 Editar o valor en Wikidata
OTT283154 Editar o valor en Wikidata
UICN22696033 Editar o valor en Wikidata
CoLFZLX Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A aguia rapaz[1] (Aquila rapax), é unha ave de rapina de tamaño grande, de aspecto externo moi semellante ó da Aquila nipalensis.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Miden entre 62 e 72 cm de lonxitude, cunha envergadura de ás de entre 165 e 185 cm. A súa cor varía entre diversos matices do castaño, máis leonado na parte inferior e con plumas anegradas na cola e as ás. A parte inferior do lombo é moi pálida. Son algo máis pequenas e pálidas cá Aquila nipalensis da que se diferencian ademais por carecer de tons pálidos na gorxa. As aves inmaturas teñen a plumaxe menos contrastada cós adultos, aínda que amosan unha gran variedade de tons.

A súa chamada característica recorda algo a do corvo, pero son en xeral aves silenciosas, agás durante o cortexo.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A aguia rapaz foi considerada coma a unha especie única coa Aquila nipalensis. Foron separadas en especies distintas a raíz de estudos que amosaron claras diferenzas anatómicas e morfolóxicas (Clark, 1992; Olson, 1994; Sangsteret al., 2002) e grazas ás análises moleculares amosan que non son mesmo parentes moi próximos.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Crían na maior parte de África, ó norte e ó sur do Sáhara, e no suroeste tropical de Asia ata á India. Ö longo de toda a súa distribución prefiren biótopos secos e abertos coma estepas, sabanas, desertos e semidesertos

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Poñen dun a tres ovos nun niño de cotelos feito nas árbores, nun acantilado ou no chan. A súa dieta componse basicamente de calaza, por ben que tamén cazan mamíferos de ata o talle dun coello, réptiles e aves da ata o talle dunha galiña de Guinea. Ocasionalmente rouban as presas doutras aves de rapina.

  1. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Clark, W. S. (1992): "The taxonomy of Steppe and Tawny Eagles, with criteria for separation of museum specimens and live eagles". Bulletin of the British Ornithologists 112: 150–157.
  • Olson, Storrs L. (1994): "Cranial osteology of Tawny and Steppe Eagles Aquila rapax and A. nipalensis". Bulletin of the British Ornithologists' Club 114: 264–267.
  • Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144(1): 153–159. PDF fulltext
  • Aguia rapaz na Lista vermella de especies ameazadas da IUCN