Agnolo Bronzino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agnolo Bronzino
Alessandro Allori, santissima trinità, 1567-1571 circa, ritratto dei maestri, bronzino (cropped).jpg
Nome completoAgnolo di Cosimo di Mariano
Nacemento17 de novembro de 1503
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento23 de novembro de 1572
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeItalia
EtniaPobo italiano
Ocupaciónpintor, poeta e architectural draftsperson
Coñecido porDeposición de Cristo, Portrait of Eleanor of Toledo and her son Giovanni de' Medici, Portrait of Andrea Doria as Neptune, Cappella di Eleonora e Eleonora of Toledo
Na rede
Musicbrainz: fdda5c5e-e02b-4b07-8ac2-25808928fe5f Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Alegoría do Triunfo de Venus, National Gallery, Londres.

Agnolo di Cosimo, máis coñecido polo nome artístico de Agnolo Bronzino, nado en Monticelli o 17 de novembro de 1503 e finado en Florencia o 23 de novembro de 1572, foi un pintor italiano, un dos representantes máis conspicuos do manierismo. Famoso por ser un grande retratista, traballou con frecuencia e durante longo tempo no ámbito da corte dos Medici. É citado con frecuencia como Il Bronzino ou só como Bronzino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia humilde, téñense escasas noticias da súa infancia. O seu alcume de Il Bronzino procede da cor escura da súa pel.

O seu primeiro mestre foi Raffaellino del Garbo, un pintor florentino menor. Arredor do ano 1515 entrou no obradoiro de Jacopo Carrucci, máis coñecido como il Pontormo (1494-1556), quen xogaría un papel fundamental na carreira artística de Bronzino. Ambos os dous pintores realizaron a decoración dos lunetos da capela Capponi na igrexa de Santa Felicita en Florencia.

Retrato de Andrea Doria como Neptuno.

En 1530 era xa un pintor sólido e moi coñecido; foi convidado a ir a Pesaro para traballar para a familia Della Rovere, morando aló dous anos. En Pesaro con Gerolamo Genga, Francesco Menzocchi, Raffaellino del Colle, Dosso Dossi e Battista Dossi traballou na decoración da vila Imperial de Pesaro para Francesco Maria I della Rovere.

Cando Cosimo I de Medici se converteu en señor de Florencia, moi logo decidiu facerse arrodear dos mayores pintores da época, entre os cales sen dúbida se contaba il Bronzino, que traballaría para el en 1539. Despois de realizar o seu primeiro encargo, il Bronzino foi o pintor favorito de Cosimo, traballando xa todo o resto da súa vida con el.

Cara 1548 pasou a Roma para buscar un axudante que o auxiliase na confección dun tea de raso, contactando con Raffaello dal Colle.

En 1556 morreu o seu mestre Pontorno e Bronzino dedicouse a acabar os frescos daquel no coro da igrexa de San Lourenzo en Florencia (destruídos case un século despois).

Foi membro fundador da Academia de deseño no 1563, tendo a triste honra, no ano seguinte, de acompañar as honras fúnebres Miguelánxelo en representación da Academia.

Bronzino faleceu na casa do seu sobriño e discípulo preferido, Alessandro Allori. Foi sepultado na igrexa de San Cristovo de Florencia.

Actividade artística[editar | editar a fonte]

A maioría das pinturas realizadas polo Bronzino son retratos, especialmente de grandes literatos e de membros da familia de Cosimo de Medici.

Cando este seu grande mecenas, Cosimo, fundou unha manufactura de rasos en Florencia, il Bronzino dedicouse a realizar esplendidas teas, en especial con temas alegóricos, que constitúen unha serie composta de vinte rasos (dezaseis foron deseñadas polo Bronzino, tres por Pontorno e un máis por Francesco Salviati), que se gardan hoxe no florentino Palazzo Vecchio.

Outro dos temas máis tratados por Bronzino foi a pintura relixiosa, pintando algúns retablos de templos florentinos e tamén algúns frescos.

Capela de Eleonora da Toledo.

Obras[editar | editar a fonte]