Saltar ao contido

Agatuñadeira eurasiática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agatuñadeira eurasiática
Sitta europaea
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon superior
 Nome curto
S. europaea Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Piquelo azul Editar o valor en Wikidata
Características
 Período de incubación
16 DD Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
7.3 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Área de distribución
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaSittidae
XéneroSitta
EspecieS. europaea
Identificadores
Freebase/m/01d06h Editar o valor en Wikidata
ITIS563018 Editar o valor en Wikidata
OTT82242 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A agatuñadeira eurasiática,[1] tamén chamada gabeador azul[2] ou piquelo azul[3], (Sitta europaea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, algunhas zonas como Irlanda e a maior parte de Escocia, onde é descoñecido.

É moi sociábel, excepto en período de reprodución. É extremadamente áxil e escala nas árbores con facilidade, e moitas veces, descende por eles cabeza abaixo.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A agatuñadeira eurasiática mide uns 14 cm de longo, e ten unha típica cabeza grande, rabo curto, pico poderoso e patas fortes. É de cor gris azulada por arriba, e ten unha especie de lista negra nos ollos. Os espécimes de Asia e do Norte de Europa (S. e. asiatica e S. e. europaea respectivamente) son brancos por embaixo, salvo no peito e na área ventral. Os exemplares de Europa occidental (S. e. caesia) teñen as partes de embaixo polo xeral dunha cor vermelliza. Os paxaros novos son versións "esvaídas" dos adultos.

É un paxaro alegre, do que é frecuente escoitar o seu son típico, un repetido "tuí-tuí-tuí".

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Durante a primavera e verán aliméntase, sobre todo, de insectos, principalmente eirugas e coleópteros; no resto do ano gosta de sementes, bagas, noces, abelás, landras, bagas de faias, que con frecuencia mete entre a cortiza para poder fender. As crías aliméntanse principalmente dos insectos que lles proporcionan os seus pais, con algunhas sementes. Os alimentos atópanse principalmente en troncos de árbores e pólas grandes, pero tamén poden buscalo en pólas máis pequenas e poden sacar alimentos do chan, especialmente fóra da época de cría. Acode aos comedeiros artificiais.

Prefire bosques vellos con grandes árbores centenarios,[4] mixtos ou de follaxes, sebes, parques e grandes xardíns con árbores vellas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovos de Sitta europaea

Gosta dos antigos niños, forrados de cortizo e de follas, con orificio que tapiza de lama. Pon de 6 a 9 ovos, entre os meses de abril e xullo.

Nomes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Kleiber
  • Inglés: Nuthatch
  • Español: Trepador azul
  • Italiano: Picchio muratore
  • Sueco: Nötväcka
  • Polaco:Kowalik
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos; Silvar, Calros (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. 
  4. Savi, Paolo (1873). "Uccelli silvani: Sitta caesia". Ornitologia italiana: opera postuma (en italiano) I. Florencia: Successori Le Monnier. pp. 271–273. OCLC 28108885. doi:10.5962/bhl.title.60988.