Aerodramus papuensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aerodramus papuensis
Selangana papú
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Aerodramus
Nome binomial
Aerodramus papuensis
(Rand, 1941)
Sinonimia
Vésaxe o texto

Aerodramus papuensis, coñecida vulgarmente como salangana papúa,[2][3] é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica de Nova Guinea.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1941 polo zoólogo canadense Austin Loomer Rand,[4][5] co nome de Collocalia whiteheadi papuensis,[6] é dicir, unha subespecie de Collocalia whiteheadi.

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Aerodramus

O epíteto específico, papuensis, alude á rexión onde habita.

Variacións taxonómicas[editar | editar a fonte]

Posteriormente á súa descrición foi elevada á categoría de especie e denominada Collocalia papuensis e, máis recentemente, reclasificada dentro do xénero Aerodramus[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polo sinónimos:[7]

  • Collocalia whiteheadi papuensis Rand, 1941 (protónimo)
  • Collocalia papuensis (Rand, 1941)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Non se coñecen subespecies.[4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A salangana papúa mide ao rededor de 14 cm de longo. A plumaxe das súas partes superiores é de cor parda escura, e máis clara nas inferiores. Ten tres dedos en cada pata en lugar dos catro habituais no resto das especies do xénero (fáltalle o hallux).

Costumes[editar | editar a fonte]

É capaz de ecolocalizar pero, a diferenza das demais especies estudadas do grupo dos colocaliinos, que principalmente usan a ecolocalización cando voan no interior das covas onde descansan e se reproducen, a salangana papúa úsaa tamén no exterior pola noite. Ademais esta especie emite clics simples, non duplos como a maioría dos membros de Aerodramus.

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase principalmente no norte da illa de Nova Guinea, tanto na parte pertencente a Indonesia como na de Papúa Nova Guinea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2016): Aerodramus papuensis na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 20 de outubro de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papúa.
  4. 4,0 4,1 Aerodramus papuensis (Rand, 1941) no ITIS.
  5. 5,0 5,1 5,2 Ver Aerodramus papuensis na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 20 de outubro de 2019.
  6. Salangana papúa. Aerodramus papuensis (Rand, 1941) en AviBase.
  7. Aerodramus papuensis en Wikuspecies.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]