Adriano Marques de Magallanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdriano Marques de Magallanes
Biografía
Nacemento(es) Adriano Antonio Marques de Magallanes Editar o valor em Wikidata
10 de xullo de 1925 Editar o valor em Wikidata
Melgaço, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Deputado no Congreso dos Deputados
16 de decembro de 1986 – 2 de setembro de 1989
← Mariano Rajoy

Circunscrición electoral: Pontevedra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , empresario , diplomático , político , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Gallego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Escultura en Ponte Barxas

Adriano Antonio Marques de Magallanes, nado en Melgaço o 10 de xullo de 1925 e finado en Petán (A Cañiza) o 12 de decembro de 2023, foi un diplomático, avogado, empresario, escritor e político galego, do Partido Popular.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas municipais de 1983 presentouse nas listas de Alianza Popular ao concello de Vigo, e saíu elixido concelleiro. Este posto permitiulle estar de vicepresidente da Deputación de Pontevedra mentres Mariano Rajoy ocupaba a súa presidencia. Nas Xerais de 1986 figurou na candidatura dos populares pola provincia de Pontevedra ao Congreso dos Deputados e saíu elixido deputado, onde permaneceu ata a convocatoria electoral de 1989.

Despois de estar uns anos apartado da política, en 1996 figurou como suplente na candidatura do PPdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra, nas Xerais de 1996. O seu suplido, Manuel Pérez Álvarez conseguiu obter a acta de senador, pero dimitiu en 1998, co que foi substituído por Adriano Marques.

Colaborador habitual de Faro de Vigo, foi cónsul xeral de Ecuador en Galicia. Posuía unha empresa de fabricación de uniformes para a policía, con sede en Redondela.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Puntos de vista. Reflexiones periodísticas. (1999)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Rita Regojo, fundadora de Aldeas Infantiles en Galicia e Medalla Castelao ata o falecemento desta en 2011. Nos seus últimos anos vivía entre Cesantes e Petán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]