Adrar, Alxeria
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Alxeria | |||
| Provincia | Provincia de Adrar | |||
| Distrito | Adrar (pt) | |||
| Concello | Adrar (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 68.276 (2008) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 633 km² | |||
| Altitude | 258 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 01000 | |||
| Prefixo telefónico | 0101 | |||

Adrar (en árabe أدرار; en bérber:
) é unha cidade e comuna de Alxeria, localizada onda un oasis no deserto do Sáhara. É a capital administrativa da segunda maior vilaia do país, a provincia de Adrar.
Economía
[editar | editar a fonte]Adrar é basicamente unha cidade agrícola, caracterizada polo seu tradicional sistema de irrigación, coñecido como foggara.
Cultura
[editar | editar a fonte]O propio oasis é considerado un tesouro, que inclúe diversos monumentos históricos. O poboamento da rexión (coñecida anteriormente como Tuat) é moi antigo, e a área abrigou diferentes culturas. Esta mestura xerou un corpo de tradicións e prácticas culturais e artesanais que até hoxe en día están presentes na vida dos seus habitantes e que se traduce no folclore e na herdanza cultural local.
Transportes
[editar | editar a fonte]A cidade está próxima ao Aeroporto Touat Cheikh Sidi Mohamed Belkebir, coñecido simplemente como aeroporto de Adrar. Está localizado a dez quilómetros do centro da cidade, e opera voos da Air Algérie para Alxer, Bordj Badji Mokhtar, Orán e Ouargla, alén de voos pola Tassili Airlines para In Aménas.
