Saltar ao contido

Tassili Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tassili Airlines
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Matriz
Sonatrach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Datas e cronoloxía
 Fundación
1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Tassili Airlines (en árabe: طيران الطاسيلي‎) é unha aeroliña baseada en Alxer, Alxeria. Proporciona servizos domésticos fóra do aeroporto Houari Boumedienne Airport, e tamén voos charter para a industria petrolífera do país.

Tassili Airlines fundárona en 1997 Air Algérie (49%) e a compañía Sonatrach (51%). As súas operacións comezaron o 8 de abril de 1999 cun voo entre Hassi Messaoud e Alxer. En 2005 Air Algérie retirou os seus fondos da aeroliña, quedando a súa titularidade en mans de Sonatrach.

En setembro de 2017 a frota de Tassili Airlines estaba formada polos seguintes avións cunha idade media de 8,6 anos:[1]

Frota de Tassili Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-800
4
0
155
Bombardier Dash 8-Q200
4
0
34-37
Bombardier Dash 8-Q400
4
0
78-74
Total
12
0

Ademais, a aeroliña ten varios avións máis pequenos, Beechcraft 1900, Cessna 208 Caravan e Pilatus PC-6, así como helicópteros Bell 206.[2]

  1. "Frota de Tassili Airlines en planespotters.net". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  2. "Información da frota de Tassili Airlines en tassiliairlines.dz". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2017.