Adobe Systems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adobe Systems Incorporated
Nuvola mimetypes pdf.png
Fundación 1982
Localización California (Estados Unidos)
Persoas clave John Warnock
Charles Geschke
Industria Informática
Produtos Programas Informáticos
Páxina web Adobe Systems España

Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software con sede en San José (California, Estados Unidos) fundada en decembro de 1982 por John Warnock e Charles Geschke. Destaca no mundo do software polos seus programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe dixital. Adobe xogou un rol significativo no comezo da revolución da autoedición cando Apple comezou a utilizar PostScript para a súa liña de impresoras LaserWriter en 1985.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais dos anos 80, logo de que o Postscript comezase a popularizarse, Adobe lanzou ao mercado Adobe Illustrator, que pronto se converteu nun dos programas indispensables para os profesionais gráficos. A principios dos 90, saíu a primeira versión de Photoshop que eventualmente sería un dos programas insignia da empresa e un dos seus produtos máis vendidos.

Acrobat e o formato PDF tardaron en atopar o seu lugar no mercado, pero a medida que as aplicacións ían integrándose máis as vantaxes do PDF fóronse facendo máis evidentes e actualmente é o estándar no que a intercambio de documentos dixitais respecta.

Adobe non conseguira desenvolver unha aplicación DTP, e polo tanto adquiriu Aldus en 1994, que producía Pagemaker, para competir con QuarkXPress, pero isto non foi suficiente e en 1999 foi presentado InDesign, que progresivamente foi ocupando lugares antes exclusivos de Quark, aínda que aínda non supera o seu market share.

No ano 2005 Adobe comprou Macromedia, coñecida empresa de software distribuidora dos programas Flash, Dreamweaver, Director, Fireworks, e Freehand entre outros.

Produtos e Tecnoloxías[editar | editar a fonte]

Adobe produce aplicacións de nivel profesional destinadas ao retoque fotográfico (Photoshop), debuxo vectorial (Illustrator), maquetación (InDesign), edición de vídeo (After Effects, Premiere), documentos dixitais (Acrobat), contido web e multimedia (Dreamweaver e Flash), entre outros. Coa adquisición de Macromedia en 2005, Adobe ampliou os produtos que ofrecía con aplicacións e tecnoloxías que se complementaban coas que xa posuía. Adobe tamén é distribuidor de tipografías dixitais.

Un dos principais méritos da empresa foi a creación da linguaxe Postscript, que é a linguaxe que usan as impresoras láser para imprimir correctamente. Un dos desenvolvementos máis coñecidos de Adobe Systems é o formato PDF (Portable Document File) e Adobe Acrobat, programa que traballa con ese formato, e distribúese en diferentes versións: Adobe Reader (só permite ler PDF e é gratuito) e Adobe Acrobat (comercialízase en edicións estándar e profesional), que permite crear documentos e outras numerosas opcións sobre o formato. Na actualidade Adobe é o distribuidor do Flash Player, creado por Macromedia, e encargado do desenvolvemento do formato SWF.

Os seus produtos pódense adquirir por separado ou en paquetes que inclúen varias aplicacións que se integran entre se, como o Adobe Creative Suite, Adobe Production Studio e Adobe Studio 8.

Lista de produtos[editar | editar a fonte]

  • Adobe Creative Suite
    • Adobe Acrobat
    • Adobe Bridge
    • Adobe GoLive
    • Adobe Illustrator
    • Adobe InDesign
    • Adobe Photoshop
      • Adobe ImageReady
    • Adobe Stock Photos
    • Adobe Version Cue
  • Adobe Production Studio (Premium)
    • Adobe Audition
    • Adobe Encore DVD
    • Adobe Illustrator
    • Adobe Production Studio (Standard)
      • Adobe After Effects
      • Adobe Bridge
      • Adobe Photoshop
      • Adobe Premiere Pro
  • Macromedia Studio 8
    • Adobe Flash
    • Macromedia Dreamweaver
    • Macromedia Fireworks
    • Macromedia Contribute
    • Macromedia Flashpaper
  • Adobe Captivate
  • Adobe Central Output Server
  • Adobe Document Server
  • Adobe Document Policy Server
  • Adobe eBook Reader
  • Adobe Flash Player
  • Adobe Flex
  • Adobe Fonts
  • Adobe Form Manager
    • Adobe Form Server
  • Adobe FrameMaker
  • Adobe InCopy
  • Adobe Photoshop Lightroom (Beta)
  • Adobe LiveCycle Barcoded Forms
  • Adobe LiveCycle Designer
  • Adobe LiveCycle PDF Generator
  • Adobe LiveCycle Document Security
  • Adobe LiveCycle Reader Extensions
  • Adobe LiveCycle Forms
  • Adobe LiveCycle Form Manager
  • Adobe LiveCycle Policy Server
  • Adobe LiveCycle Workflow
  • Adobe Output Designer
  • Adobe PageMaker
  • Adobe PDF JobReady
  • Adobe Photoshop Album
  • Adobe Photoshop Album Starter Edition
  • Adobe Photoshop Elements
  • Adobe Premiere Elements
  • Adobe Reader
  • Adobe Source Libraries
  • Adobe SVG Viewer
  • Adobe Web Output Pak
  • Digital Negative Specification
  • Adobe Flash
  • Adobe Breeze
  • Macromedia ColdFusion
  • Macromedia Director
  • Macromedia Authorware
  • Macromedia FreeHand
  • Macromedia Robohelp
  • Adobe Shockwave
  • Adobe Shockwave Player
  • Macromedia JRun
  • Macromedia Flash Communication Server
  • Macromedia Central
  • Macromedia FlashCast

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adobe Systems