Adobe Photoshop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Photoshop»)
Adobe Photoshop
Desenvolvedor(es)Adobe
Última versión2022 (23.4.1)
(16 de xuño de 2022)
Sistema operativoWindows, Mac
TipoEditor gráfico
LicenzaPrivativo
Sitio webhttp://www.adobe.com/photoshop

Adobe Photoshop é un Programa informático editor de imaxes bidimensionais do tipo bitmap (posuíndo aínda algunhas capacidades de edición típicas dos editores vectoriais) desenvolvido pola empresa Adobe. É considerado o líder no mercado dos editores de imaxe profesionais, así como o programa de facto para edición profesional de imaxes dixitais e traballos de preimpresión.

A súa máis recente versión é identifidada como Adobe Photoshop CS6 (sigla cuxo significado é Creative Suite 6, correspondente á décimo terceira edición desde o seu lanzamento), dispoñible para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X. As versións anteriores ata a 7.0 poden ser usadas noutros sistemas operativos, como o Linux, por medio de programas como o Crossover Office. Algunhas versións anteriores foran lanzadas tamén para IRIX, mais o servizo a esta versión foi suspendido despois da versión 3.0.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Os irmáns Thomas Knoll e John Knoll iniciaran o desenvolvemento do Photoshop en 1987 e a versión 1.0 foi lanzada por Adobe en 1990. O programa estaba destinado desde o inicio como ferramenta de manipulación de imaxes provenientes de dixitalizadores ou escáneres, que eran raros e moi custosos naquela época.

Características[editar | editar a fonte]

Caricatura de Barack Obama e Mitt Romney feita co Adobe Photoshop polas eleccións presidenciais do ano 2012.

A pesar de ser concibido para edición de imaxes para impresión en papel, o Photoshop está a ser cada vez máis usado para producir imaxes destinadas á World Wide Web. As versións posteriores inclúen un segundo programa, o Adobe ImageReady, moi semellante ao Photoshop, que é utilizado en conxunto para a edición e creación de imaxes e animacións para a rede, desaparecendo na última versión, a CS3.

O Photoshop tamén admite a edición con outros tipos de programas de Adobe, especializados en determinadas áreas: o xa referido Adobe ImageReady (edición de imaxes para a web), Adobe InDesign (edición de texto), Adobe Illustrator (edición de gráficos vectoriais), Adobe Premiere (edición de vídeo non-lineal), Adobe After Effects (edición de efectos especiais en vídeo) e o Adobe Encore DVD (edición destinada a DVDs). O formato de arquivos nativos do Photoshop (PSD ou PDD) poden ser usados entre estes programas.

A título de exemplo, o Photoshop CS permite facer elementos da interface gráfica de DVDs (menús e botóns), desde que dispostos separadamente no ficheiro orixinal (PSD ou PDD) por camadas (layers) agrupadas por orde específica, de forma que, ao ser importado polo Adobe Encore DVD, este consiga crear a edición para DVD con eses elementos.

O uso das capas non é un recurso novo inventado polos desenvolvedores do Photoshop; foi desenvolvido hai moito tempo polos ilustradores. Segundo Richard Valliere no seu libro, Manipulator of Movement: “[...]en decembro de 1914 foi patentada aquela que efectivamente foi a maior contribución técnica para a animación tradicional ata a chegada da computación gráfica: o deseño sobre follas de celuloide transparente ou acetato”. Esa innovación coubo ao animador norteamericano Earl Hurd."[1]

Por tanto, é máis un recurso existente no mundo real que foi aproveitado pola ferramenta Photoshop para facilitar o traballo dos seus usuarios, así como certos efectos que reproducen técnicas de pintura, máscaras, unha técnica moi utilizada en artes gráficas e impresión offset.

Os formatos de ficheiros nativos poden ser importados de programas da competencia, como o Corel Photo-Paint, Pixel32, WinImages, GIMP, Corel Paint Shop Pro etc.).

O Photoshop admite varios espazos de cor (color spaces):

A versión máis recente, de 2007, é a versión 9.0.2. Tamén chamada de "Photoshop CS3", unha vez que "CS" indica a súa integración no paquete de programas Adobe Creative Suite; en canto ao número "3" é por ser a terceira versión, desde que a Adobe reformulou a imaxe de marca dos seus programas, sobre a "marca-nai" (no inglés umbrella brand) "Creative Suite". Nunha tentativa de se separar da imaxe de marca anterior do Photoshop, entre as versións 3 e 7, en que presentaba o ollo humano (nun concepto de visión e imaxe), nas dúas primeiras versións do "Creative Suite" utiliza imaxes de plumas estilizadas (como referencia á escrita e pintura con plumas de aves), mais recentemente, xa na terceira edición do "CS", a imaxe foi cambiada por un cadrado coas letras "PS" no centro.

Recentemente, Adobe incluíu o Adobe Camera RAW, un plugin desenvolvido por Thomas Knoll que permite ler varios formatos de ficheiros RAW, provenientes principalmente de máquinas fotográficas profesionais. Unha versión preliminar deste plugin estivo opcionalmente dispoñible para o Photoshop 7.0.1 .

En canto o Photoshop é practicamente utilizado por profesionais, monopolizando mesmo este mercado, o seu prezo elevado deixa marxe para que outros programas concorrentes gañen mercado noutras faixas, como por exemplo, o GIMP, un programa gratuíto. Para competir neste mercado, e tamén para combater a piratería de que o Photoshop é obxectivo, Adobe lanzou un programa semellante para o uso doméstico, o Adobe Photoshop Elements, mais con moitas funcións profesionais desactivadas do Photoshop orixinal. Mentres o Adobe Photoshop CS3 é vendido por uns 800 euros (versión inglesa), o Adobe Photoshop Elements 4.0 custa apenas 130 euros, permitíndolle gañar terreo no mercado doméstico, e sendo mesmo, ás veces, incluído en dixitalizadores de diversas marcas. Como é obvio, esta versión limitada non se adecúa ao mercado de preimpresión profesional, dado que unha das principais características eliminadas deste software sexa o modo de cores CMYK.

O Photoshop non admite nativamente moitos dos algoritmos de imaxe (Image Arithmetics) que o Corel Paint Shop Pro e outros editores de bitmaps utilizan. No entanto, ese problema pode ser resolto a través do Filter Factory, un plugin gratuíto dispoñible nos discos de instalación do Photoshop, a partir da versión 3.0.

Formato PSD[editar | editar a fonte]

Formato patrón da Adobe para documentos do Photoshop pero admitido por moi poucos programas fóra do Adobe Photoshop. Posúe moitos recursos extras como image layering. A gran vantaxe dese formato é que mantén todas as capas de seu proxecto no photoshop, sendo posible poder reeditalos máis tarde.

Historia dos lanzamentos[editar | editar a fonte]

Versión Plataforma Nome de código Data de lanzamento Alteracións significativas
0.63 Mac OS Outubro de 1988
1.0 Mac OS Febreiro de 1990
2.0 Mac OS Fast Eddy Xuño de 1991
2.0.1 Mac OS Xaneiro de 1992
2.5 Mac OS Merlin Novembro de 1992
Windows Brimstone
2.5.1 Mac OS 1993
3.0 Mac OS Tiger Mountain Setembro de 1994
  • Paletas tabeladas (Tabbed Palettes)
  • Camadas (layers)
Windows, IRIX Novembro de 1994
4.0 Mac OS, Windows Big Electric Cat Novembro de 1996
  • Camadas axustábeis (Adjustment Layers)
  • Tipos de letra editábeis (nas versións anteriores, o texto era convertido para o formato raster despois de introducido)
4.0.1 Mac OS, Windows Agosto de 1997
5.0 Mac OS, Windows Strange Cargo Maio de 1998
  • Desfacer múltiplo (Multiple Undo) a través da paleta "historia" (History Palette), anteriormente só permitía desfacer unha vez.
  • Xestión de cor (color Management)
5.0.1 Mac OS, Windows 1999
5.5 Mac OS, Windows Febreiro 1999
  • O paquete do programa inclúe o Adobe ImageReady
  • Extraer (Extract)
  • Figuras xeométricas vectoriais
6.0 Mac OS, Windows Venus in Furs Setembro de 2000
  • Ferramenta Healing Brush
  • Filtro Liquify
6.1 Mac OS, Windows Marzo de 2001
7.0 Mac OS, Windows Liquid Sky Marzo de 2001
  • Texto totalmente vectorial
  • Ferramenta Healing Brush
  • Novo "motor" de pintura (painting engine)
7.0.1 Mac OS, Windows Agosto de 2002
  • Plugin opcional "Camera RAW 1.x"
CS (8.0) Mac OS, Windows Dark Matter Outubro de 2003
  • Plugin "Camera RAW 2.x" incluído de raíz
  • Comando "sombra e altas-luces" (Shadow/Highlight)
  • Comando corresponder/igualar á cor (Match Colour)
  • Filtro Lens blur
  • Histograma en tempo real (Real-Time Histogram)
  • Sistema de detección automática impedido a impresión de imaxes dixitalizadas dalgúns tipos de papel moeda.
CS2 (9.0) Mac OS, Windows Space Monkey Abril de 2005
  • Plugin "Camera RAW 3.x"
  • Ferramenta Smart Object
  • Image Warp
  • Spot healing brush
  • Ferramenta de redución do efecto dos ollos vermellos (Red-Eye tool)
  • Filtro Lens Correction
  • Smart Sharpen
  • Punto de fuga (Vanishing Point)
  • Xestión mellorada de memoria RAM en Macintosh de 64-bits a correr Mac OS X 10.4
  • Admite o High dynamic range imaging
  • Filtro Shape Blur
CS3 (10.0) Mac OS, Windows Red Pill 16 de abril de 2007
  • Interface revisada
  • Funcións adicionais para o Adobe Camera RAW
  • Ferramenta Quick Select
  • Alteracións en Curves, Vanishing Point, Channel Mixer, Brillo e Contraste(Brightness and Contrast), e no diálogo de impresión.
  • Axuste para conversión en Branco e Negro (Black-and-white)
  • Smart Filters, con filtros non destrutivos
  • Optimización de gráficos para dispositivos móbiles
  • Novas aplicacións en cloning e healing
  • Funcionamento mellorado en 32 bit / HDR (camadas, painting, e mais filtros e axustes)
  • Apertura rápida do programa
  • Funcionamento nativo para Macintosh con procesadores Intel e un probable funcionamento con Windows Vista
CS4 (11.0) Mac OS, Windows Stonehenge 30 de outubro de 2008
CS5 (12.0) Mac OS, Windows White Rabbit 12 de abril de 2010
CS6 (13.0) Mac OS, Windows Superstition 11 de maio de 2012
  • Novo deseño da interface de usuario (novas iconas e opción de interface de fondo escuro)
  • Gardado automático en segundo plano
  • Contido de parches e ferramentas Move
  • Galería de Blur
  • Rango de cor: ton de pel e detección de facianas
  • Adobe Camera RAW 7
  • Ferramenta de recorte mellorada
  • Novo panel de propiedades, tódalas propiedades integradas
  • Soporte de vídeo mellorado
  • Filtro de "pintura ao óleo", agora distribúese co programa
  • Filtro de gran angular adaptativo
  • Estilos de carácter e de parágrafo.
  • Mellor soporte a caracteres árabes
  • Actualización da interface de usuario para impresión
  • Axuste 3DLUT
  • Trazos en obxectos vectoriais, con posibilidade de elección do tipo de trazo, como guións e puntos
  • Revisadas ferramentas vectoriais
  • Ajuste a pixels de ferramentas vectoriais e transformacións
  • Interface de usuario 3D completamente renovada, máis fácil de usar agora

Alternativas[editar | editar a fonte]

Existen moitos outros editores de imaxes bitmap dispoñibles, mais ningún deles conseguiu a popularidade do Adobe Photoshop entre os profesionais. Os concorrentes máis utilizados noutras bandas de mercado son o GIMP open-source, xa con moitos usuarios; e os paquetes de programas comerciais Macromedia Fireworks, Corel Photo-Paint, e Paint Shop Pro. Entre outras alternativas menos coñecidas, pódese destacar o GIMPshop (unha versión do GIMP cunha interface gráfica semellante ao Photoshop), o Paint.NET open-source, o Pixel32 dispoñible en máis plataformas do que os outros programas comerciais, o PhotoFiltre, excelente alternativa gratuíta para uso non-comercial, e o PhotoScape que está logrando unha ampla difusión pola súa facilidade de uso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LUCENA, Alberto; História da Animación; Ed. Senac; 2002

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]