Prelatura territorial católica latina de Tromsø

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prelatura territorial de Tromsø
Praelatura Territorialis Tromsoeana
Our Lady of Tromsoe Norway.JPG
Datos xerais
Erixida8 de abril de 1931
LocalizaciónNoruega
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

1.775 (0,4%)
467.702
Información
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
PreladoBerislav Grgić

A prelatura territorial de Tromsø (en latín: Praelatura Territorialis Tromsoeana) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 tiña 1.775 bautizados sobre unha poboación total de 467.702 habitantes. O seu prelado actual é o bispo Berislav Grgić.

Territorio[editar | editar a fonte]

A prelatura territorial abrangue os tres condados máis setentrionais de Noruega (Finnmark, Troms e Nordland), así como o arquipélago das Svalbard.

A sé prelaticia é a cidade de Tromsø, onde está a pro-catedral da Nosa Señora (Vår Frue Kirke).

O territorio está organizado en 7 parroquias, situadas nas seguintes poboacións:

Historia[editar | editar a fonte]

O 8 de abril de 1931, co breve Paterna caritas, o papa Pío XI erixiu a misión sui iuris da Noruega setentrional, en territorios da vigairía apostólica de Noruega.

O 10 de marzo de 1944 a misión sui iuris foi elevada ao rango de prefectura apostólica coa bula Maioris dignitatis do papa Pío XII.

O 18 de febreiro de 1955 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostolica coa bula Quoniam arcana do mesmo Pío XII.

O 28 de marzo de 1979, coa bula Qui volente, o papa Xoán Paulo II elevou a vigairía ao rango de prelatura territorial, dándolle o nome actual.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]