Loendro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Adelfa»)
Loendro

Nerium oleander
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Gentianales
Familia: Apocynaceae
Subfamilia: Apocynoideae
Tribo: Wrightieae
Xénero: Nerium
Especie: N. oleander
Nome binomial
Nerium oleander
L., Sp.Pl., vol.1, p. 209, 1753 [1]

O loendro[1] ou adelfa (Nerium oleander) é un arbusto perenne da familia das apocináceas. É orixinario dunha extensa área que vai do Mediterráneo á China, aínda que se cultiva en todo o mundo. Medra preferentemente nas barrancas e cavorcos dende o nivel do mar ata os 1200 m de altitude. Consérvase ben nos períodos prolongados de seca. Chega ata os 2 m de altura, as súas flores son brancas, vermellas ou amarelas. A adelfa é unha das plantas máis perigosas, todas as súas partes son tóxicas, a inxestión dunha simple folla pode levar á morte dun adulto, aínda que iso sería difícil debido ó seu sabor amargo.

Loendro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego preferido en Dicionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999; en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. A través de Buscatermos da USC - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#23887289

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.