Gipuzkoa Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acunsa Gipuzkoa Basket»)
Guuk Gipuzkoa Basket
Información xeral
Liga LEB Ouro
Fundación 2001
Historia Gipuzkoa Basket Club (2001-2006)
San Sebastián Gipuzkoa BC (2006-presente)
Cores           Mariño, azul
Presidente España Nekane Arzallus
Adestrador España Lolo Encinas
Patrocinador Guuk
Localización
Cidade Donostia, País Vasco
Pavillón Donostia Arena 2016
Capacidade 10.241
Campionatos
Liga LEB 1 (2006)
gipuzkoabasket.com

O San Sebastián Gipuzkoa Basket Club S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Guuk Gipuzkoa Basket, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Donostia, provincia de Guipúscoa (Euskadi), que na actualidade compite na Liga LEB Ouro.

Foi fundado no ano 2001, por unha iniciativa das institucións públicas guipuscoanas e do representante de deportistas Miguel Santos, co nome de "Donostiako Gipuzkoa Basket", coa intención de substituír o antigo equipo da cidade, o "Askatuak". Xoga os seus partidos como local no Donostia Arena 2016, un pavillón con capacidade para 11.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación e comezos[editar | editar a fonte]

O club nace en 2001 por unha iniciativa das institucións públicas guipuscoanas e do representante de deportistas Miguel Santos, que decidiron promover un club novo con vocación de representar a nivel nacional a Donostia e á provincia de Guipúscoa no baloncesto profesional so o nome de "Donostiako Gipuzkoa Basket". Este club tiña a intención de substituír o histórico club de baloncesto local Askatuak, que tras coñecer a Liga ACB languidecía en categorías inferiores e con problemas económicos.

Co patrocinio da cadea de tendas informáticas Datac, o club baixo o nome de "Datac GBC" bota a andar na Liga LEB-2 na tempada 2001-02, ocupando a praza que por problemas económicos deixara libre o Askatuak. Malia que no deportivo a tempada é aceptable, xa que o equipo debutante remata na metade da táboa (11º); ao final da temporada Santos anuncia que o Datac GBC non proseguirá a temporada seguinte por problemas no patrocinio.

Ascenso ata a ACB[editar | editar a fonte]

Dous anos despois, o proxecto do Gipuzkoa Basket é retomado, e co patrocinio da inmobiliaria Bruesa e o apoio da fundación Kirolgi entre outros, o Gipuzkoa Basket Club (cuxo equipo profesional pasa a chamarse "Bruesa GBC") volve participar na LEB-2. A batuta do equipo é encargada ao adestrador Porfirio Fisac.

Na tempada 2004-05, o Bruesa GBC logrou o segundo posto na Liga Regular, mais no play-off de ascenso caeu en cuartos de final ante o La Laguna. Porén, o ascenso que non puido obter na cancha logrouno mercando por 144.000 euros a súa praza na Liga LEB ao CB Ciudad de Algeciras.

A tempada do seu debut na Liga LEB, o Bruesa GBC converteuse no equipo revelación. Rematando a tempada cunha boa racha de xogo e resultados, ocupou a 5ª praza ao final da Liga Regular, e nos play-offs resolveu as súas eliminatorias co Drac Inca e o CB León con resultados de 3-0. Ao impoñerse na eliminatoria de semifinais ao CB León obtivo automaticamente o ascenso á Liga ACB. O Bruesa GBC redondeou a súa actuación vencendo o 1 de xuño de 2006 ao Polaris Murcia na final da Liga LEB e proclamándose así campión da categoría.

Debut na ACB[editar | editar a fonte]

O Gipuzkoa Basket Club cambiou o seu nome en xullo de 2006, para acomodarse ás normas da ACB, adoptando o de San Sebastián Gipuzkoa Basket Club. As normas da Liga ACB obrigaron o club tamén a buscar unha cancha con máis capacidade, xa que o Pavillón José Antonio Gasca, onde xogaba non chegaba sequera aos 3000 espectadores e as normas ACB esixían un aforamento mínimo de 5000 espectadores para aceptar a un equipo na Liga. Para cumprir a devandita norma, o Bruesa mudouse á Praza de Touros de Illumbe, recinto cunha capacidade de 11.000 espectadores, que foi acondicionada como cancha de baloncesto. O cambio resultou un éxito, xa que o novo recinto adaptouse perfectamente á súa nova función, e os seareiros guipuscoanos, afastados durante anos do baloncesto de elite acudiron en masa ás bancadas de Illumbe. O debutante Bruesa converteuse no segundo equipo con maior afluencia de público e maior número de socios (case 9.000 socios) da Liga ACB, só superado polo Unicaja Málaga.

Porén este "éxito social" do Bruesa GBC non se puido traducir nun éxito deportivo. Aínda que non comezou mal a tempada e estivo boa parte da mesma fóra dos postos de descenso, o club rematou pagando a súa inexperiencia e acabou descendendo á Liga LEB, ocupando o último posto da categoría. O Etosa Alicante acompañou os vascos no descenso. Porfi Fisac, logo de tres tempadas adestrando ao club dimite ao finalizar a tempada.

Retorno á elite[editar | editar a fonte]

A directiva do San Sebastián Gipuzkoa Basket, deu as rendas do equipo a Pablo Laso e preparou un proxecto destinado a devolver ao Bruesa GBC o antes posible á Liga ACB. O público respondeu ben, o club mantivo 6000 socios, unha masa social alta para a Liga LEB e por enriba da meirande parte dos clubs de ACB.

Durante a tempada o equipo donostiarra atinxiu o retorno do seu antigo xogador franquía, o pivote David Doblas. O primeiro obxectivo era gañar a Liga regular, xa que o título na devandita liga daba un posto de ascenso directo á ACB. O Bruesa GBC estivo toda a tempada metido na loita polo posto, mais finalmente o CAI Zaragoza fíxose co título. O Bruesa GBC acabou a tempada no terceiro lugar.

Abríase entón unha segunda oportunidade, consistente en superar unha eliminatoria de cuartos de final contra o 8º clasificado da Liga regular e logo disputar unha Final Four en Cáceres, que daría dereito a outro posto de ascenso. O Bruesa GBC que se amosara irregular no tramo final da liga, amosouse con todo seguro nesta fase, aínda que superou tódolos partidos con resultados axustados. Eliminou o Beirasar Rosalía por 2-0; e posteriormente xa na Final Four ao Club Baloncesto Breogán. O 1 de xuño de 2008 impúxose na final do torneo de ascenso disputada no Pavillón Multiúsos Ciudad de Cáceres ao Tenerife Club de Baloncesto por 81-76 selando o seu ascenso por segunda vez á Liga ACB.[1]

Permanencia na ACB[editar | editar a fonte]

A tempada 2008-09 formulouse como único obxectivo o de acadar a permanencia na Liga ACB para asentar o proxecto do Gipuzkoa Basket. Con Pablo Laso como adestrador e co americano Andy Panko coma xogador máis destacado[2] o Bruesa logrou o obxectivo da permanencia; tras pasar case toda a tempada na zona media-baixa da clasificación, mais fóra dos postos de descenso. Ao final da tempada acabou 12º (de 17 equipos participantes), con 11 vitorias e 21 derrotas. Entre as vitorias do Bruesa esa tempada destacaron as obtidas en Illumbe ante Bilbao Basket e especialmente ante o Tau Cerámica ambos os derbis vascos. A tempada 2008-09 foi tamén a da retirada de Miguel Santos como presidente do club, quen tras dirixir ao GBC dende a súa fundación, deu paso a Gorka Ramoneda como presidente do club a partir de marzo de 2009. Santos foi nomeado ao finalizar a tempada presidente honorario do club.

A tempada 2009-10 presenta como principal novidade o cambio de denominación do equipo, que pasa a denominarse Lagun Aro GBC ao cambiar o seu patrocinador principal. A compañía aseguradora guipuscoana Lagun Aro, que uns poucos anos antes patrocinara ao Bilbao Basket (Lagun Aro Bilbao) toma relevo no nome do equipo á inmobiliaria Bruesa.[3]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Delteco GBC 2019−2020
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 1 Dee, Johnny 1,83 m (6 ft 0 in) 84 kg (185 lb) Real Betis (2019)
AP 5 Finlandia Murphy, Alex 2,06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Szolnoki Olaj KK (2019)
A 6 Bosnia e Hercegovina Mutić, Lazar 2,05 m (6 ft 9 in) 103 kg (227 lb) UCAM Murcia (2019)
A 7 España Oroz, Xabi 1,92 m (6 ft 4 in) 90 kg (198 lb) Sammic Hostelería (2016)
P 8 Jawara, Karamo 2,03 m (6 ft 8 in) 89 kg (196 lb) ETHA Engomis (2019)
E 9 España Motos, Mikel 1,93 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) Palma Air Europa (2019)
B 11 España Úriz, Mikel 1,80 m (5 ft 11 in) 75 kg (165 lb) STB Le Havre (2019)
B 12 Timmer, Reed 1,85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) Tigers Tübingen (2019)
AP 14 España Olaizola, Julen 2,02 m (6 ft 8 in) 105 kg (231 lb) Real Canoe NC (2019)
P 15 Rozītis, Dāvis 2,13 m (7 ft 0 in) 123 kg (271 lb) Club Ourense Baloncesto (2019)
P 23 Senegal Faye, Biram 2,08 m (6 ft 10 in) 112 kg (247 lb) Óbila CB (2019)
A 43 Sollazzo, Adam 1,98 m (6 ft 6 in) 85 kg (187 lb) C' Chartres Basket Masculin (2019)
Adestrador
Asistente(s)
  • España Iñaki Martín
  • España Ion Ormazabal
  • España Iván Martínez
Preparador(es) físico(s)
  • España Lander Castro

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 22−102019

Traxectoria[editar | editar a fonte]

  • 2001-02 Liga LEB-2: 11º
  • 2002-03 Non competiu
  • 2003-04 Non competiu
  • 2004-05 Liga LEB-2: 2º (Liga Regular). Eliminado en cuartos de final. Compra unha praza na Liga LEB e ascende.
  • 2005-06 Liga LEB: 1º. Ascende á Liga ACB.
  • 2006-07 Liga ACB: 18º. Descende a Liga LEB.
  • 2007-08 Liga LEB: 2º. Ascende á Liga ACB.
  • 2008-09 Liga ACB: 12º. Acada a permanencia.
  • 2009-10 Liga ACB: 14º
  • 2010-11 Liga ACB: 14º
  • 2011-12 Liga ACB: 5º. Clasificado para os Playoffs.
  • 2012-13 Liga ACB: 17º. Descende a Liga LEB.1
  • 2013-14 Liga ACB: 10º.

1Permaneceu na ACB despois de que o Ford Burgos e o Lucentum Alicante non reuniran os requirimentos para ascender de categoría.

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • Datac GBC (2001–2002)
  • Bruesa GBC (2004–2009)
  • Lagun Aro GBC (2009–2013)
  • RETAbet.es GBC (2015–2017)
  • Delteco GBC (2017–2020)
  • Acunsa GBC (2020–presente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Bruesa GBC imponse ao Tenerife (81-76) na final e volta á ACB". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 04 de febreiro de 2010. 
  2. "Ansy Panko DV de Ouro". gipuzkoabasket.com (en castelán). 11 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 04 de febreiro de 2010. 
  3. El Gipuzkoa Basket ya tiene nuevo patrocinador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]