Dāvis Rozītis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dāvis Rozītis
TAU Castellò
Información persoal
Nacemento 16 de marzo de 1990 (34 anos)
Cēsis
Nacionalidade Letonia Letonia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 123 kg (271 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Cesis State Grammar School (Cēsis)
Universidade USC (2009–2010)
Hawaii (2011–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: Sen draftear
Carreira dende 2014
Historial de equipos
BK Valmiera (2014–2015)
BK Barons (2015–2016)
BK Liepājas Lauvas (2016–2017)
VEF Riga (2017)
Força Lleida (2017)
Club Ourense Baloncesto (2017–2019)
Gipuzkoa Basket (2019–2020)
Bàsquet Girona (2020–2021)
AB Castellò (2021–presente)

Dāvis Rozītis, nado o 16 de marzo de 1990 en Cēsis, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga no TAU Castellò da Liga LEB Ouro.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 7 de novembro de 2017, Rozītis asinou por un mes e medio co Força Lleida CE da Liga LEB Ouro.[1]

O 17 de decembro de 2017, Rozītis asinou ata final de tempada polo Club Ourense Baloncesto da Liga LEB Ouro.[2] O 11 de xuño de 2018, anunciouse a renovación de Rozītis por unha tempada máis co Ourense.[3]

O 5 de xullo de 2019, Rozītis converteuse en xogador do Gipuzkoa Basket da Liga LEB Ouro por unha tempada.[4]

O 26 de xullo de 2020, Rozītis asinou por unha tempada co Bàsquet Girona, acabado de ascender á Liga LEB Ouro.[5]

O 8 de agosto de 2021, Rozītis asinou polo AB Castellò da LEB Ouro.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]