Abeto do Cáucaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abeto do Cáucaso

Abies nordmanniana
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Abies
Especie: A. nordmanniana
Nome binomial
Abies nordmanniana
(Steven) Spach

O abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) é unha especie arbórea do xénero Abies, orixinaria do Cáucaso e de Asia Menor. Emprégase coma árbore de Nadal.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

  • Altura: Pode acadar os 60 metros.
  • Follas: Flexíbeis, de 2 a 3 cm de longo por uns 2 mm de largo e 0,5 mm de espesor; verdes e lustrosas pola face con dúas liñas claras polo envés; coas puntas dirixidas cara a parte superior da poliña que as contén e á que oculta; lixeiramente escotadas ou truncadas no ápice.
  • Inflorescencias: as masculinas de cor verde amarelenta e as femininas averdadas durante a floración.
  • conos: cilíndricos, de 10 a 20 cm de lonxitude e de 4 a 5 cm de largo, con exsudacións de resina.
  • Tronco: casca agrisada, lisa nos espécimes novos e gretadas de forma lonxitudinal nos adultos.
  • Madeira: suave e branca, utilizada fundamentalmente na construción e para elaborar papel.

Hábitat e cultivo[editar | editar a fonte]

Medra en climas frescos e con boa humidade ambiental. Os terreos non deben ser calcarios e estar ben drenados. Atura relativamente ben a polución.

Reprodúcese por sementes e por esgallos. Hibrídase con facilidade co abeto pinsapo (Abies pinsapo) e outras especies cultivadas en viveiros, polo que ás veces resulta difícil distinguir algúns exemplares.

Usos[editar | editar a fonte]

É o abeto clásico empregado coma árbore de Nadal en moitos fogares por mor a súa abondosa e atractiva follaxe; o arume ten os picos romos no canto de seren afiados, que non caen facilmente cando a árbore seca. Con esta fin cultívanse expresamente, xa que polo xeral está prohibida a súa talla ou extracción indiscriminada nos bosques.

De interese ornamental polo seu porte piramidal, é popular en parques e grandes xardíns. A súa madeira é branca e suave, úsase normalmente para a construción e fabricación de papel etc.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]