Victor McLaglen
Aparencia
(1935) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de decembro de 1886 Royal Tunbridge Wells |
| Morte | 7 de novembro de 1959 Newport Beach |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Altura | 191 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, boxeador, oficial |
| Período de actividade | 1920 |
| Xénero artístico | Cine western |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército Británico |
| Participou no conflito | Primeira Guerra Mundial |
| Deporte | boxeo |
| Familia | |
| Fillos | Andrew V. McLaglen |
| Irmáns | Cyril McLaglen Leopold McLaglen Arthur McLaglen Clifford McLaglen Kenneth McLaglen Fred McKay |
| Premios | |
| |
Victor Andrew de Bier Everleigh McLaglen, nado en Tunbridge Wells o 10 de decembro de 1886 e finado en Newport Beach (California) o 7 de novembro de 1959 foi un actor de cinema inglés, nacionalizado estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Uniuse ao exército aos catorce anos para loitar na Segunda Guerra Bóer, pero foi expulsado ao descubrirse a súa verdadeira idade. Catro anos máis tarde marchou ao Canadá onde triunfou como boxeador. Volveu ao Reino Unido en 1913, chegando a ser capitán durante a primeira guerra mundial.
Nos anos vinte trasladouse a Hollywood, onde alcanzaría sona como actor de carácter, en varias ocasións interpretando irlandeses. En 1935 gañou o Oscar ao mellor actor por O delator, de John Ford.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título |
|---|---|
| 1920 | The Call of the Road |
| 1925 | The Unholy Three |
| 1926 | What Price Glory? |
| 1926 | Beau Geste |
| 1927 | The Loves of Carmen |
| 1931 | Three Rogues |
| 1932 | While Paris Sleeps |
| 1933 | Dick Turpin |
| 1934 | The Lost Patrol |
| 1935 | Under Pressure |
| 1935 | O delator |
| 1936 | Magnificent Brute |
| 1936 | Under Two Flags |
| 1937 | Sea Devils |
| 1937 | Wee Willie Winkie |
| 1939 | Rio |
| 1939 | Captain Fury |
| 1939 | Pacific Liner |
| 1939 | Gunga Din |
| 1944 | The Princess and the Pirate |
| 1947 | The Foxes of Harrow |
| 1947 | Calendar Girl |
| 1948 | Fort Apache |
| 1949 | She Wore a Yellow Ribbon |
| 1950 | Rio Grande |
| 1952 | O home tranquilo |
| 1954 | O príncipe valente |
| 1955 | City of Shadows |
| 1956 | A volta ao mundo en oitenta días |
| 1958 | Sea Fury |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victor McLaglen |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Time Magazine, ed. (27 de decembro 1948). "Milestones.". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2012. Consultado o 19 de xaneiro 2010.
- Victor McLaglen na IMDb (en inglés).
- McLaglen's en Cyber Boxing Zone
- Fotografías Arquivado 14 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.