Saltar ao contido

Pablo Carbonell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Carbonell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pablo Carbonell Sánchez-Gijón Editar o valor en Wikidata
28 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, actor, cantautor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosMafalda Carbonell Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0136198 Facebook: pablocarbonelloficial Twitter: carbonellsg Instagram: carbonellsg BNE: XX1019439 Spotify: 5uQskVVNFoYJi9dJNQ4qgq iTunes: 27092818 Musicbrainz: 592a53e4-831e-4939-b159-352d415ffca0 Songkick: 561974 Discogs: 800171 Deezer: 97425 Editar o valor en Wikidata

Pablo Carbonell, nado en Cádiz o 28 de xullo de 1962, é un artista andaluz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse na cidade de Huelva. A principios dos anos 80 formou un dúo xunto con Pedro Reyes en Madrid. Ambos os dous participaron no programa La Bola de Cristal.

No ano 1985 formou o grupo de música Los Toreros Muertos (con Many Moure e Guillermo Piccolini) ata o ano 1992, con cancións tan coñecidas como "Mi agüita amarilla".

Despois desta época comeza a colaborar con El Gran Wyoming en programas de televisión como La noche se mueve, El peor programa de la semana, ou o popular Caiga quien caiga, no que facía de reporteiro saíndo á rúa e poñendo ós políticos sempre en difíciles encrucilladas cas súas inoportunas preguntas.

Tamén compaxinou estas tarefas con outras como actor en distintas películas do cine español. Foi sido director dunha película: Atún y chocolate.

Coescribiu xunto con Eva Salmerón a novela Sinsáhara. Participou como reporteiro no programa de clasificacións da cadea Cuatro U.V.E.. Participou como reporteiro de investigación humorístico no programa Buenafuente, de Antena 3.

Forma parte da discográfica 18 Chulos Records xunto con Javier Krahe, Javier Ruibal, O Gran Wyoming, Pepin Tri, Faemino e Santiago Segura. Interpreta tres dos 18 Boleros chulos que editaron en 2003.

É curmán da tamén actriz Aitana Sánchez-Gijón.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Toreros Muertos

[editar | editar a fonte]
  • 30 Años De Éxitos (1986)
  • Por Biafra (1987)
  • Mundo Caracol (1989)
  • Cantan En Español (1992)
  • Los Toreros Muertos (2007)

En solitario

[editar | editar a fonte]
  • Aceitunas y Estrellas (2000)
  • Rock and roll alimaña (2004)

Con outros artistas

[editar | editar a fonte]
  • 18 Boleros chulos (2003): El huerfanito, Yo te diré e Permítame
  • Y todo es vanidad: Homenaxe a Javier Krahe (2004): Si lo llego a saber
  • "El Kalimotxo de Mamá" (2007) de Kukuxumusu

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]
  • La curva de la felicidad (como Quino)