A aventura máxica de Merliño
A aventura máxica de Merliño | |
---|---|
Tipo | videoxogo educativo ![]() |
Xénero artístico | aventura gráfica e videoxogo de aventua de apuntar e facer clic ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Creador/a | Universidade de Vigo ![]() |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | España ![]() |
Distribuidor/a | Xunta de Galicia ![]() |
Formato de distribución | descarga dixital e disco compacto ![]() |
Datas | |
Data de creación | 29 de novembro de 2001 ![]() |
Videoxogo | |
Plataforma | Microsoft Windows ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador ![]() |
Motor | Adobe Flash ![]() |
[ Wikidata ] |
A aventura máxica de Merliño é un videoxogo educativo de aventura gráfica point and click desenvolvido polo grupo de investigación SINX, da Universidade de Vigo.[1] Foi publicado o 29 de novembro de 2001.[2] A aventura máxica de Merliño está considerada como unha das primeiras producións de videoxogos en galego,[3] da cal se fixeron 50 000 copias que foron repartidas de balde ós centros educativos galegos.[4] Baséase en lendas e contos populares do país.
O videoxogo ten como obxectivo sensibilizar ós mozos adolescentes da importancia da lingua como un elemento de identidade. Subvencionado pola Dirección Xeral de Política lingüística, é un CD interactivo realizado por Xosé Luís Martínez Orge, Diego Fernández Goberna, David Ramos Valcárcel e Marcos Valiño García. Conta cun editor para xerar historias a través de 7 posibles localizacións e máis de 20 escenarios con personaxes e obxectos cos que interactuar.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O xogo conta a historia de Merliño, un rapaz que pasa uns días na casa da súa avoa. Sen querer Merliño le un libro de conxuros que fai reaparecer a un antigo demo. Coa axuda dun trasno chamado Cipri, Merliño terá que facer unha viaxe pola Galicia máxica como Santo André de Teixido, Ribeira ou a Torre de Hércules da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Preséntanse un videoxogo e un xogo de mesa para potenciar o galego". CCG. Consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ "A Aventura Máxica de Merliño - Pc". JuegosADN. Consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ Gómez Guinovart, Xavier (15 de decembro de 2010). "Por que os marcianiños non falan galego". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ Redacción (2 de xaneiro de 2002). "Docentes universitarios diseñan material escolar sobre cultura gallega". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de setembro de 2016.