Saltar ao contido

AV City

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tren da serie S-104 na estación de Córdoba.

Renfe AV City[1][2] é un servizo diúrno de transporte de pasaxeiros por alta velocidade prestados polo operador ferroviario español Renfe desde 2014. O seu obxectivo é a comercialización de servizos similares aos que ofrece o AVE cun custo reducido.[3]

Caracterízase por utilizar trens das series S-104, S-114 e S-121 (usados habitualmente para Avant) e carecer de clase Preferente, así como doutros servizos complementarios que si se ofrecen nos percorridos de AVE convencionais. A súa velocidade punta é de 250 km/h.

Os servizos AV City caracterízanse por ser postos en marcha para complementar a oferta AVE a prezos máis económicos, co fin de facilitar e incrementar a mobilidade dos clientes. Todos os servizos AV City circulan por liñas de alta velocidade a unha velocidade máxima de 200-250 km/h. A diferenza cos trens AVE radica, ademais da menor velocidade punta, na non dispoñibilidade de prestacións complementarias que encarecen o produto. Todos os vehículos dispoñen de cafetería, aseo, prazas específicas para persoas de mobilidade reducida e prazas en Turista e Turista Plus.[4]

Percorridos

[editar | editar a fonte]
Orixe Paradas Destino Frecuencias
Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Villanueva de Córdoba-Los Pedroches · Córdoba-Central Sevilla-Santa Justa 2 por día e sentido
Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud Zaragoza-Delicias Sentido Madrid 1 por sentido de luns a sábado e 1 xoves, venres e domingo. Sentido Zaragoza 1 por sentido de luns a venres e domingo e 1 xoves e domingo.
Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande - Palencia León 1 por sentido
Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo AV Zamora 1 por sentido
Valencia-Joaquín Sorolla Cuenca-Fernando Zóbel · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana Málaga-María Zambrano Sentido Málaga circula luns, venres e domingo. Sentido Valencia circula venres, sábado e domingo
Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus Zaragoza-Delicias 1 por día e sentido
  1. "Renfe: Informe Anual 2015. Responsabilidad Social Empresarial." (PDF). p. 12. 
  2. "AV City". www.renfe.com. Consultado o 22 de agosto de 2019. 
  3. "AV City - Renfe Operadora". 
  4. "Así será el ‘AVE low cost’, la apuesta para el futuro de Renfe". El Confidencial. 31 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]