AMOS 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AMOS 2
TipoSatélite de comunicacións
Data de lanzamento27 de decembro de 2003[1]
Foguete portadorSoyuz
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur
NSSDC ID2003-059A
Masa1400 kg[2]
Datos orbitais
Inclinación0 graos[1]
Apoapse35 809,6 km[1]
Periapse35 778,4 km[1]

AMOS 2 (עמוס 2 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Soyuz o 27 de decembro de 2003 desde o cosmódromo de Baikonur, en Casaquistán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o segundo satélite de comunicacións israelí.

Características[editar | editar a fonte]

AMOS 2 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste e da servizo a Oriente Medio (incluíndo Israel), Europa e a costa este dos Estados Unidos grazas ós seus once transpondedores en banda Ku.

AMOS 1 usou un motor de combustible líquido de 400 Newton para alcanzar a órbita xeoestacionaria tra-lo lanzamento por parte do Soyuz. Ten dez propulsores para o control de actitude, cada un cun empuxe de 10 Newtons. Inicialmente levaba 450 kg de propelente (monometil hidracina e MON 3).

A lonxitude do satélite, cos paneis solares despregados, é de 11,5 metros. Estabilízase nos tres eixos mediante sensores de Terra e de Sol e mediante volantes de inercia. Os paneis xeran 1700 vatios de potencia, con baterías de níquel-cadmio como respaldo.

AMOS 1 e AMOS 2 foron colocados cerca un doutro para crear unha localización común, permitiendo ós usuarios dos satélites aumentar o acceso ós servizos sen antenas adicionais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Wade, Mark (2011). Encyclopedia Astronautica, ed. "AMOS" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011. 
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO, ed. (2011). "AMOS 2" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011. 
  2. NASA, ed. (26 de abril de 2011). "Amos 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2011. 
  3. Krebs, Gunter. Gunter's Space Page, ed. "Amos-1 -> Intelsat 24" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]