AMOS 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AMOS 3
TipoSatélite de comunicacións
FabricanteThales Alenia Space, Israel Aerospace Industries
Data de lanzamento28 de abril de 2008[1]
Foguete portadorZenit-3SLB
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur
NSSDC ID2008-022A
Masa1300 kg[2]
Datos orbitais
Inclinación0 graos[1]
Apoapse35 798,4 km[1]
Periapse35 787,8 km[1]

AMOS 3 (עמוס 3 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Zenit-3SLB o 28 de abril de 2008 desde o cosmódromo de Baikonur, en Casaquistán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o terceiro satélite de comunicacións israelí.

Características[editar | editar a fonte]

AMOS 3 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste para substituír a AMOS 1 (vendido a Intelsat e coñecido agora como Intelsat 24). Leva quince transpondedores en banda Ku e o seu tempo estimado de vida é de 18 anos.

Foi lanzado por un foguete Zenit na súa configuración Zenit 3SLB, sendo o primeiro lanzamento desta configuración e o primeiro contratado á organización Land Launch.

Orixinalmente o satélite debería ter sido posto en órbita en 2007, atrasándose para marzo de 2008, e sendo posposto ata o 24 de abril de 2008. O lanzamento do 24 de abril foi abortado por razóns técnicas.[3] A causa foron problemas co sistema de erección e transporte do foguete, que fallou en retirarse e apartarse do foguete para o seu lanzamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Wade, Mark (2011). Encyclopedia Astronautica, ed. "AMOS 3" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011. 
  • Krebs, Gunter (14 de marzo de 2011). "Amos 3 (Amos 60)" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2011. 
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO, ed. (2011). "AMOS 3" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2011. 
  2. NASA, ed. (26 de abril de 2011). "Amos 3" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2011. 
  3. "Spaceflight Now | Tracking Station | Worldwide launch schedule" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]