A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y ArtistasAGUEA, foi unha entidade de carácter galeguista fundada en Buenos Aires o 22 de xuño de 1956.
Creada por Antonio Baltar e un grupo de emigrantes galegos profesionais, no seu documento de fundación sinálanse como obxectivos:
Recoller, difundir e fomentar os feitos de calquera orixe ou as obras de todo autor que signifiquen unha exaltación para Galicia ou un enriquecemento do seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais, auspiciando ou creando seccións e organismos que tendan ao mellor coñecemento dos valores históricos e actuais de Galicia e ao estudo e solución dos problemas que lle afecten. Promover o estudo, desenvolvemento, perfeccionamento e exercicio do idioma galego.