A-WA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A-WA
A-WA Barbi 15.9.2015.JPG
A-WA en concerto en Barby (Tel Aviv, setembro de 2015)
OrixeShaharut, Flag of Israel.svg Israel
Xénero(s)Música iemení, electrónica, hip hop
Selo(s) discográfico(s)Tôt ou tard
MembrosLiron Haim
Tagel Haim
Tair Haim
Páxina weba-wamusic.com

A-WA ("Si" en árabe) é unha banda israelí composta polas tres irmás Tair, Liron e Tagel Haim. Fan música tradicional iemení mesturada con hip-hop e música electrónica.[1] O seu sinxelo Habib Galbi (“Amor do meu corazón”) converteuse nun éxito a nivel mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As tres irmás naceron no poboado comunal de Shaharut, unha comunidade de aproximadamente 30 familias no desértico val de Aravá ao sur de Israel. Son fillas de pai arquitecto de orixe xudía iemení e nai terapeuta holística de orixe ucraína e marroquí.[2] Tair ten unha licenciatura en música do Levinsky College, Liron é arquitecta e Tagel é deseñadora gráfica e ilustradora. Tamén teñen dúas irmás máis novas, Shir e Tzlil, e un irmán, Evyatar, quen é enxeñeiro de son e estivo implicado na produción do álbum Habib Galbi.[3]

Os seus avós paternos son orixinalmente de Saná e foron traídos a Israel durante a Operación Alfombra Máxica. Durante a súa nenez e adolescencia, as irmás Haim adoitaban pasar a maioría das súas vacacións cos seus avós paternos, cantando piyyutim, poemas litúrxicos tradicionais en hebreo e arameo, así como cancións tradicionais iemenís en árabe que adoitaban ser cantadas por mulleres.[4] As irmás Haim descubriron unha gravación de “Habib Galbi” da década de 1960, do cantante israelí de orixe iemení Shlomo Moga'av.[5] Foi a primeira vez que escoitaron a canción (unha melodía tradicional iemení cantada no dialecto iemení do xudeoárabe) nunha gravación, pois elas aprendérana de maneira oral na súa familia, e sorprendéronse de escoitar a un home cantándoa, xa que a canción versa en primeira persoa sobre unha muller cuxo amor a abandonou.

Durante a súa infancia as irmás Haim adoitaban escoitar moitas clases diferentes de música, desde música grega, música iemení, jazz, rythm and blues, hip hop e reggae até rock progresivo, pero a súa fonte máis importante de inspiración foi as cancións tradicionais iemenís nas súas a casa dos seus avós paternos.[6] A súa música segue a mesma tendencia que seguiu Ofra Haza, a súa inspiración principal, hai décadas, mesturando neste caso tradicional música folclórica iemení con ritmos electrónicas, reggae e hip-hop, ao cal elas chaman "yemenite folk n' beat"[7][2][8]

Carreira[editar | editar a fonte]

As irmás mandaron unha maqueta de "Habib Galbi" a Tomer Yosef, o cantante líder de Balkan Beat Box. Tomer amosou a maqueta musical a unhas cantas señoras iemenís de idade, quen logo de oír o acento pensaron que realmente eran verdadeiras cantantes de Iemen.[2] O vídeo da súa primeira canción, Habib Galbi, volveuse viral mesmo no mundo musulmán, e especialmente na terra ancestral dos seus avós paternos e Mipsterz a través do mundo. Foi a primeira canción en árabe na historia de chegar ao Número 1 nas carteleiras da música pop israelí.[9][10][11][12]

Despois de tocar nunha xira por Europa e os EUA comezaron a traballar no seu segundo álbum, o cal podería incluír melodías que mesturan árabe e inglés.[13]


Discografía[editar | editar a fonte]

  • Habib Galbi (2016)

Gallery[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]