Demo (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha versión demo ou demo dunha canción é unha gravación de tipo semiprofesional ou caseira realizada por un artista para referencia ou apoio. O anglicismo demo é unha abreviatura da palabra demonstration (demostración).

Características[editar | editar a fonte]

As demos son utilizadas polos músicos principalmente como unha forma de ir pulindo as súas ideas sobre unha canción e aproximalas a como quedarían de forma definitiva nun álbum. Os músicos adoitan gravar as súas demos de forma rápida e sinxela, moitas veces sen os seus compañeiros de grupo e sen outros arranxos.

As demos son realizadas cun número mínimo de instrumentos, normalmente tan só cunha guitarra acústica ou un piano máis a voz, ademais, son gravados en equipos moi rudimentarios como gravadoras de casete, máquinas de 4 ou de 8 pistas. Ás veces, estas gravacións capturan o sentimento indicado que os artistas desexan darlle ás súas realizacóns, aínda máis que as versións gravadas en estudos profesionais.

As demos tamén son usadas por músicos non profesionais que están comezando a súa carreira e desexan dar a coñecer tanto á xente, a outros músicos ou a ás compañías discográficas as súas realizacións, esperando que con isto poidan conseguir posicionarse no medio ou obter un contrato.