Rally de Noia de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «8º Rally de Noia»)
Rally de Noia de 1991
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos9
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
Equipo campiónEscudería Berberecho
AnteriorRally de Noia de 1990
SeguinteRally de Noia de 1992

O Rally de Noia de 1991 foi a 8ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 27 de abril de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

O trazado do rally foi exactamente igual ao do ano anterior, formado por 11 treitos cronometrados, con tres pasadas polo treito do Tambre e dúas por San Fins, Lesende e Outes.[2]

Resumo[editar | editar a fonte]

Coa ausencia de "Culebras", gañador da primeira proba da tempada, a lista de favoritos reducíase a Germán Castrillón, Manuel Senra e o piloto local Arturo Rial.[2] Senra, cun Peugeot 205 GTI, marcou o mellor tempo no primeiro treito, pero viuse obrigado a abandonar no segundo, en Lesende. Con isto e cos problemas co carburador de Arturo Rial,[3] Castrillón non tivo problema para gañar o rally comodamente, marcando o mellor tempo en 7 dos nove treitos.[1] Rial, a pesar dos problemas foi segundo, e o berciano Antonio Garrido, terceiro.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 54'02''
2 Galicia Arturo Rial Citroën AX Sport 54'48''
3 España Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth 55'41''
4 Galicia José M. López Parada 55'59''
5 Galicia Javier Piñeiro 56'10''
6 Galicia José María Magdaleno 56'17''
7 Galicia Juan Carlos Táboas 56'35''
8 Galicia Jorge Pérez 57'05''
Abandonos
- Galicia Manuel Senra Peugeot 205 GTI -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Germán Castrillón apenas tuvo oposición en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1991. p. 53. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (25 de abril de 1991). "Ausente Culebra, Castrillón sólo tendrá a Villanueva y a Senra como rivales en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). p. 53. 
  3. "La Escudería Berberecho y los aficionados también triunfaron en el Rally Ría deNoia". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 1991. p. 44. 


Predecesor:
Rally do Sil
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally do Lacón