Saltar ao contido

67P/Churyumov-Gerasimenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
67P/Churyumov-Gerasimenko
 Epónimo
 Designación provisional
1988i
1969h
1989 VI
1982f
1969 IV
67P/1969 R1
67P/1975 P1
1976 VII
1982 VIII
1975i Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
Características orbitais
Apoapse5,68123333245 au Editar o valor en Wikidata
Periastro1,2432656414168 au Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro12,798249734157 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,64090813065551 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital7,04029490676 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital2.353,07606597 d Editar o valor en Wikidata
Período de rotación12,76129 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior3,4622494897651 au Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente50,135573804414 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media8,8599274187588 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.457.247,5886578 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro3,4 km Editar o valor en Wikidata
Densidade0,533 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,06 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta12,9 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
22 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
VIAF315590607 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02fl15 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Cometa Churyumov-Gerasimenko, oficialmente designado coma 67P/Churyumov–Gerasimenko, é un cometa cun período orbital, na actualidade, de 6,45 anos.[1] Acadou un perihelio o 13 de agosto do 2015.[2] O cometa foi o destino final da misión Rosetta da Axencia Espacial Europea, que foi lanzada o 2 de marzo do 2004,[3][4] a cal volveu espertar do seu modo de hibernación o 19 de xaneiro do 2014,[5][6] a procura de investiga-lo cometa.

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

O cometa foi descuberto por Klim Ivanovych Churyumov, quen examinou unha fotografía que fora tomada por Svitlana Herasymenko o 11 de setembro de 1969 dende o Instituto Astrofísico de Alma-Ata, para amosa-lo cometa periódico 32P/Comas Solá. Churyumov atopou un cometa preto do bordo da tarxeta, pero asumiu que este era o Comas Solá.

Despois de volver ó seu instituto en Kíiv, Churyumov examinou tódalas placas fotográficas máis de preto. Aproximadamente un mes despois de que a fotografía fose tirada (22 de outubro), descubriu que o obxecto non podía se-lo Comas Solá, porque estaba case 1,8 graos fóra da posición esperada. Unha análise máis profunda xerou unha imaxe débil de Comas Solá na súa posición esperada na placa fotográfica, probando así que o outro obxecto era un cometa distinto.

Observacións

[editar | editar a fonte]
Ilustración en 3D do núcleo de Churyumov-Gerasimenko[7] feito en base a observacións obtidas polo telescopio Hubble observacións. Usáronse harmónicos esféricos de baixa orde para fixar na medida do posible a forma do núcleo, alisando así calquera posible característica pequena.

Coma preparación para a misión Rosetta, o Telescopio Espacial Hubble tomou fotos o día 12 de marzo de 2003, que foron analizadas en profundidade. Xerouse un modelo xeral en 3D e foron creadas imaxes xeradas por computadora. As aproximacións do satélite Rosetta permitiron tirar fotografías máis detalladas e comprobar que o núcleo do cometa tiña forma de "pato de goma"[8].


Perturbacións orbitais

[editar | editar a fonte]

Os cometas son regularmente empurrados dunha órbita a outra cando se atopan nas proximidades de Xúpiter ou Saturno. Antes do ano 1959, o Churyumov-Gerasimenko tiña un perihelio de aproximadamente 2,7 UA. En febreiro de 1959 un achegamento á Xúpiter[9] provocou que o seu perihelio fose movido cara a dentro, a preto de 1,3 UA, onde fica hoxe en día.[10]

Rosetta detectou signos dun arco de choque en plena formación no cometa que explorou durante dous anos, o primeiro observado no Sistema Solar.[11]

  1. JPL/NASA, ed. (12-07-2007). "JPL Small-Body Database Browser: 28978 Ixion (2001 KX76)". Consultado o 04-10-2008.
  2. Seiichi Yoshida (30-12-2010). aerith.net, ed. "67P/Churyumov-Gerasimenko". Consultado o 09-02-2012.
  3. Krolikowska, Malgorzata (2003). "67P/Churyumov–Gerasimenko – potential target for the Rosetta mission". Acta Astronomica 53: 195–209. Bibcode:2003AcA....53..195K. arXiv:astro-ph/0309130.
  4. Agle, DC; Cook, Jia-Rui; Brown, Dwayne; Bauer, Markus; (17-01-2014). "NASA Release = 2014-015 - Rosetta: To Chase a Comet". NASA. Consultado o 18-01-2014.
  5. "La nave ‘Rosetta’ se despierta" (en español). 20 January 2014. Consultado o 22-01-2014.
  6. esa. "El cometa que se escapó". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-01-17.
  7. Maquet; Colas; Jorda; Crovisier;. Lunar and Planetary Institute, ed. "67P/Churyumov-Gerasimenko mass determination based on a new method for modeling non-gravitiational forces and accelerations." (PDF). lpi.usra.edu. Consultado o 11-12-2013.
  8. "Rosetta se dirige a un "pato de goma" espacial". ABC. 17/07/2014. Consultado o 25 de setembro de 2014.
  9. "JPL Close-Approach Data: 67P/Churyumov-Gerasimenko". 29-06-2010 últimas observacións. Consultado o 09-02-2012.
  10. Kazuo Kinoshita (07-05-2009). Comet Orbit, ed. "67P past, present and future orbital elements". Consultado o 25-04-2009.
  11. esa. "Rosetta presencia el nacimiento de un arco de choque alrededor de 67P". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2018-12-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]