17 de Marzo (revista)
17 de Marzo | |
---|---|
Lugar | Vilagarcía de Arousa |
Lingua | lingua castelá |
[ editar datos en Wikidata ] |
17 de Marzo foi unha revista editada en Vilagarcía de Arousa entre 1941 e 1943.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista de Orientación Nacional-Sindicalista, pareceu o 17 de marzo de 1941 cun número extraordinario para celebrar a data do sexto aniversario da fundación de Falange en Vilagarcía.[1][2] Fundada e dirixida por Guillermo Poyán Caamaño.[3] Entre os seus colaboradores figuraron Federico de Urrutia, Casiano Costas Posada, Villar Lago, Eduardo García Reboredo, José María Castroviejo, Fernando Meleiro, Enrique Feijóo, José Luis Varela, Daniel Buhigas, Ramón Ferreiro Rodríguez, César López Canabal, José M. Amado, Carlos Muñoz Arosa, Enrique Pascual Souto, Casimiro Marra Rodríguez, José Vázquez Fernández, Francisco Bravo, Joaquín Cabral García, Pedro Castiñeiras, Carlos García Bayón, Carlos de Sádaba Sanfrutos e Diego Desojo Aznar. De periodicidade irregular, o número 3 apareceu en setembro de 1941; o 4, dedicado á Falange de Ourense e Vigo, en xaneiro de 1942,[4][5] o 7, dedicado ao aniversario do 17 de marzo, en marzo;[6][7] e o número 8 en agosto dese ano.[8] Interrumpiu a súa publicación e ao ano seguinte apareceron os números 13 e 14, en marzo de 1943.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 15-3-1941, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-3-1941, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-9-1941, p. 2.
- ↑ La Región, 25-1-1942, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-1-1942, p. 5.
- ↑ El Correo Gallego, 26-3-1942, p. 2.
- ↑ El Progreso, 29-3-1942, p. 1.
- ↑ El Progreso, 28-8-1942, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-3-1976, p. 2.