Daniel Buhigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDaniel Buhigas
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata (122/123 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Daniel Buhigas Olavarrieta, nado en Vilagarcía de Arousa c. 1901, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Buhigas Abad. Incorporouse a Falange Española en abril de 1934.[1] Foi Xefe local de Falange de Vilagarcía. Interveu no acto fundacional da Falange en Galicia con José Antonio Primo de Rivera o 17 de marzo de 1935. Foi nomeado por José Antonio xefe rexional de Falange Española en Galicia. Foi detido en xuño de 1935 polas súas actividades fascistas.[2] Volveu ser detido a finais de maio de 1936 cando se atopaba agochado en Vilagarcía, na casa da súa tía Matilde Buhigas Abad.[3] Logo da súa detención nomeou xefe provincial de Falange a Manuel Castro Pena. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado conselleiro nacional de Falange. A raíz do tiroteo entre falanxistas no Bar Nueva España de Vilagarcía foi detido o 26 de novembro e traslado á prisión provincial. Procesado xunto con José Vaello Pastrana, finalmente foi absolto o 9 de setembro de 1937. En decembro de 1939 participou na organización dunha Xunta Política clandestina da Falange Auténtica que se opuña ao decreto de unificación, presidida polo xeneral Emilio Rodríguez Tarduchy, con Patricio González de Canales, Ricardo Sanz, Ventura López Coterilla, Luis de Caralt, José Antonio Pérez de Cabo, Gregorio Ortega Gil e Ramón Cazañas.[4] En 1942 instruiuse expediente para a concesión da Medalla da Vieja Guardia.[5] En 1943 era xefe de propaganda oral da Vicesecretaría de Educación Popular.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Como y cuando se fundó la Falange en Villagarcía", El Pueblo Gallego, 17-3-1957, p. 7.
  2. El Pueblo Gallego, 15-7-1935, p. 3.
  3. El Diario de Pontevedra, 1-7-1936, p. 2.
  4. Los falangistas que quisieron matar a Franco
  5. ABC, 9-7-1942, p. 110.
  6. ABC, 27-2-1943, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]