Saltar ao contido

Fernando Meleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Meleiro
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 346566 BNE: XX1362839

César Fernando Meleiro Fernández, nado en Ribadavia en 1899 e finado en Ourense o 8 de xullo de 1963, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do rexistrador Darío Meleiro Tejada e de Eugenia Fernández Román. Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova.[1] Licenciado en Dereito. Foi presidente da Sociedad Cultural Curros Enríquez de Celanova.[2] Colaborou en Galicia. Abriu bufete en Ourense en 1934. Fundador e xefe provincial de Falange de Ourense dende 1934. Foi conselleiro nacional e xefe territorial de Falange y de las JONS de Galicia.[3] Fuxiu a Portugal para evitar a cadea polas redadas ordenadas polo goberno contra Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi combatente. Foi nomeado xefe provincial de Falange de Ourense a finais de 1936.[4] Foi delegado provincial de Justicia y Derecho.[5] Foi concelleiro, primeiro tenente-alcalde de Ourense e deputado provincial. Foi inspector provincial de Falange.[6] Nomeárono delegado provincial do Ministerio de Vivenda en Ourense en 1957.[7] Finou en Ourense o 8 de xullo de 1963.[8]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Anecdotario de la Falange de Orense, 1957.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Elena Muñiz Guerra, filla de Olegario Muñiz Álvarez, en 1938.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticiero de Vigo, 29-7-1913, p. 1.
  2. Vida Gallega, 10-1-1927, p. 24.
  3. Alborada, 25-12-1935, p. 6.
  4. El Ideal Gallego, 5-1-1937, p. 2.
  5. La Región, 25-1-1940, p. 3.
  6. La Región, 7-6-1950, p. 3.
  7. La Región, 23-11-1957, p. 6.
  8. Necrolóxicas en La Región, 8-7-1963, p. 9, 10 e 14.
  9. La Región, 30-10-1952, p. 4.
  10. La Región, 31-5-1938, p. 4.