Ēmmanowel Dabaġyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Էմմանուել Դաբաղյան
(Ēmmanowel Dabaġyan)
Arcebispo da Igrexa católica armenia
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1933 en Alepo, República Siria
Pasamento13 de setembro de 2018 en Beirut, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de decembro de 1967
Consagración episcopal4 de agosto de 2007, por Narsés Pedro XIX Tarmouni
Arcebispo de Bagdad
2007 - 2017

Ēmmanowel Dabaġyan,[1] I.C.P.B. (en armenio: Էմմանուել Դաբաղյան), nado o 26 de decembro de 1933 en Alepo (República Siria) e finado o 13 de setembro de 2018 en Beirut (Líbano) foi un relixioso siro-armenio, arcebispo católico armenio de Bagdad entre 2007 e 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 26 de decembro de 1933 en Alepo (República Siria).[2] Entrou no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, completou os estudos de Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, e o 25 de decembro de 1967 foi ordenado sacerdote.[2] Posteriormente exerceu diversos encargos como director dun orfanato, reitor dos seminarios menores de Bsumar e Alepo, párroco en Beirut, e párroco en Skhvilisi (Xeorxia).[2] En 2003 foi nomeado párroco de Tbilisi, responsable do seminario, e synkellos para Xeorxia do ordinariato católico armenio de Europa oriental.[2]

O 13 de setembro de 2006 foi elixido arcebispo de Bagdad polo Sínodo da Igrexa católica armenia, sendo confirmado no cargo o 26 de xaneiro de 2007 polo papa Bieito XVI.[2] Recibiu a ordenación episcopal de mans do patriarca Narsés Pedro XIX Tarmouni o 4 de agosto do mesmo ano.

Permaneceu no cargo até que se retirou o 9 de outubro de 2017. Volveu entón ao convento do seu instituto en Beirut, no Líbano, onde finou o 13 de setembro de 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Emmanuel Dabbaghian.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (26 de xaneiro de 2007). "RINUNCE E NOMINE". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano).