Saltar ao contido

Órix beisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Órix beisa
Oryx beisa
Eduard Rüppel 1835 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
XéneroOryx
EspecieOryx beisa Editar o valor en Wikidata
(Rüppell, 1835) Oryx beisa Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Período de xestación
   9,25 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/03rlnp Editar o valor en Wikidata
ITIS898240 Editar o valor en Wikidata
OTT98208 Editar o valor en Wikidata
UICN15571 Editar o valor en Wikidata
CoL74ZD4 Editar o valor en Wikidata
EOL4447253 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O órix beisa (Oryx beisa) é unha especie de antílope da África oriental que presenta dúas subespecies, o Oryx beisa beisa que habita estepas e semidesertos no Corno de África e no norte do río Tana, e o Oryx beisa callotis que se localiza no sur do Tana no sueste de Kenya e en zonas de Tanzania. No pasado, algúns taxonomistas considerábana unha subespecie do Oryx gazella pero xeneticamente son diferentes.

Oryx beisa beisa
O. b. callotis

Descrición

[editar | editar a fonte]

O órix beisa ten unha altura de pouco máis dun metro á altura do ombreiro, entre 110 e 120 cm nos exemplares adultos,[1] variando o seu peso entre os 150 e os 200 kg. É facilmente recoñecible pola cor do seu pelame, gris co ventre branco, separado por unha banda negra que presenta tamén na unión da cabeza co pescozo, ao longo do fociño, e desde os ollos ata a boca, así como na testa. A súa coma é pequena e acastañada; e está dotado de dúas longas e finas cornas que presentan tanto machos como femias e que polo común miden entre 75 e 80 cm.

A especie vive en semidesertos e estepas alimentándose de herbas, follas, froitos e abrochos e é capaz de variar a súa temperatura corporal para minimizar a evaporación de auga, aumentando a súa temperatura polo día diminuíndo así a captación da calor ambiental e impedindo a perda da auga por evaporación e baixando a súa temperatura por radiación térmica durante a noite. Ademais os seus ouriños son pouco abundantes e moi concentrados. Viven en mandas de entre cinco e corenta animais, tipicamente as femias van por diante e un gran macho gárdalles as costas. Algúns machos son solitarios, aínda que con frecuencia están acompañados durante breves períodos por femias reprodutoras.

O. b. callotis no Parque Nacional do Tsavo Occidental
O. b. beisa no centro de Kenya

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]