Árnica falsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Helichrysum fœtidum (L.) Moench
Flor de San Xoán ou Árnica falsa.
Flor de San Xoán ou Árnica falsa.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Gnaphalieae
Subtribo: Helianthinae
Xénero: Helichrysum
Especie: H. fœtidum
Nome binomial
Helichrysum fœtidum (L.) Moench
L., 1754
Distribución do H. fœtidum (L.) Moench en Europa.

Distribución do H. fœtidum (L.) Moench en Europa.

A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán[1]; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica.

Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras[2]. Foi introducida en Galicia como planta ornamental.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta anual que ten querenza polos solos ácidos, co talo erguido pouco ramificado, follas alternas oblongo-lanceoladas e sésiles, tomentosas polo envés, moi aromática. Os capítulos agrúpanse no extremo do talo, son planos e achatados. Reprodúcese por sementes[3].

Orixe e distribución[editar | editar a fonte]

É orixinaria da provincia do Cabo en Suráfrica, mais naturalizada nas zonas costeiras do Finistère (Bretaña), na península de Cotentin, na Mancha (Baixa Normandía)[4] e nas costas de Galicia[5].

Propiedades[editar | editar a fonte]

É unha planta moi aromática. Adstrinxente; produce a contracción dos tecidos vivos, reducindo o fluxo de secrecións, a perda de sangue, mocos, diarrea etc. As follas do Helichrysum fœtidum son unha excelente cataplasma para as purulencias dolorosas. Utilízase coma cataplasma en circuncisións e tamén se usa tradicionalmente para aliviar a dor menstrual. Na África oriental empréganse as raíces contra a dor de ollos, as follas usanse para paliar a influenza e xunto co H. decorum e o H. stenopterum, os curandeiros inhalan H. fœtidum para entraren en transo[6].

Usos[editar | editar a fonte]

Utilízase como planta de xardín en zonas secas e cálidas; en Galicia foi introducida como planta ornamental e empregase para preparar a auga de San Xóan, polo aromática que é. É unha planta que gusta de exposicións cálidas, terras areosas ben drenadas e unha boa achega de manto. Propagase por semente ou mediante o transplante das plántulas. Despois da floración córtanse os talos. No caso de xeadas fortes é recomendable eliminar as partes aéreas danadas, volvendo a brotar. Adoita ser atacada polos caracois e lesmas[6].

Helichrysum fœtidum

Nomes vulgares[editar | editar a fonte]

  • Árnica falsa, ou simplemente árnica[7], abreviando na linguaxe cotiá; non se debe confundir coa Arnica montana.
  • Flor de San Xoán, denominándose deste xeito ó ser unha das plantas utilizadas nos ritos de San Xoán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia Xardín Botánico, IES Melide.
  2. Especies invasoras-Flora. Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.
  3. Flor de San Xoán, biodiversidad virtual, en castelán.
  4. Immortelle fétide. Tela Botanica, en francés.
  5. Sobre la distribución de los Helichrysum costeros gallegos. pdf, páxina 546, en castelán.
  6. 6,0 6,1 Siempreviva fétida o de El Cabo. Infojardin, en castelán.
  7. Falsa árnica, Asociación Naturalista Baixo Miño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]