Saltar ao contido

Lingua franca nova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:


== Historia e comunidade ==
== Historia e comunidade ==
C. George Boeree comezou a traballar nela en 1965. O seu obxectivo era crear unha lingua internacional que fose simple e similar aos idiomas crioulos. Tiña en mente a lingua franca, un [[pidgin]] utilizado na contorna Mediterránea desde o século XIV até ben entrado o XIX. Baseouse en 5 linguas neolatinas xa próximas entre se (o francés, o italiano, o portugués, o español e o catalán; este último por unha razón de neutralidade.) A LFN fixo a súa aparición en Internet en 1998{{Harvnp|Costalago|2020|p=37}}.
{{sen referencias}}

Un grupo [[Yahoo!]] iniciouse en 2002 por Bjorn Madsen. Stefan Fisahn creou tamén un wiki dedicado a esta lingua en 2005 (que figuran a continuación). Presentacións e outros textos están dispoñibles en 12 linguas. Atópanse tamén varios dicionarios, un tutorial e distintos textos (orixinais e traducións).
Unha das diferenzas máis importantes desta lingua é o papel que tiveron e teñen os falantes. A comunidade contribuíu significativamente á evolución da lingua. Stefan Fisahn creou en 2005 un wiki para a lingua que hoxe conta con máis de 1300 páxinas e 13.000 edicións{{Harvnp|Costalago|2020|p=38}}.


C. George Boeree comezou a traballar nela en 1965. O seu obxectivo era crear unha lingua internacional que fose simple e similar aos idiomas crioulos. Tiña en mente a lingua franca, un [[pidgin]] utilizado na contorna Mediterránea desde o século XIV até ben entrado o XIX. Baseouse en 5 linguas neolatinas xa próximas entre se (o francés, o italiano, o portugués, o español e o catalán; este último por unha razón de neutralidade.) A LFN fixo a súa aparición en Internet en 1998{{Harvnp|Costalago|2020|p=37}}. Un grupo [[Yahoo!]] iniciouse en 2002 por Bjorn Madsen. Stefan Fisahn creou tamén un wiki dedicado a esta lingua en 2005 (que figuran a continuación). Presentacións e outros textos están dispoñibles en 12 linguas. Atópanse tamén varios dicionarios, un tutorial e distintos textos (orixinais e traducións).
Unha das diferenzas máis importantes desta lingua é o papel que tiveron e teñen os falantes. A comunidade contribuíu significativamente á evolución da lingua. Stefan Fisahn creou en 2005 un wiki para a lingua que hoxe conta con máis de 1300 páxinas e 13.000 edicións.
Existe unha revista mensual chamada Orizones Nova (Novos horizontes) de interese xeral, esta foi publicada por David McLeod en 2006 até finais de 2007.
Existe unha revista mensual chamada Orizones Nova (Novos horizontes) de interese xeral, esta foi publicada por David McLeod en 2006 até finais de 2007.


Introducións á lingua e gramáticas hai dispoñibles en 12 idiomas, aínda que non todas son boas traducións, por iso os membros da súa comunidade aconsellan estudalo principalmente en Inglés ou Español.
Introducións á lingua e gramáticas hai dispoñibles en 12 idiomas<ref>{{cita web |url=https://elefen.org/|título=Introduis a la gramatica|fechaacceso=5 de enero de 2021 |apellido= |nombre= |fecha= |sitioweb= |idioma=lingua franca nova|cita= }}</ref>, aínda que non todas son boas traducións, por iso os membros da súa comunidade aconsellan estudalo principalmente en Inglés ou Español.

O dicionario máis completo (LFN - Inglés) foi confeccionado por Simon Davies, e ten preto de 10,000 entradas. Tamén é posible atopar pequenos dicionarios en diferentes linguas que son de boa calidade.
O dicionario máis completo (LFN - Inglés) foi confeccionado por Simon Davies, e ten preto de 10,000 entradas. Tamén é posible atopar pequenos dicionarios en diferentes linguas que son de boa calidade.



Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2021 ás 10:54

Lingua Franca Nova
Creado por: C. George Boeree
Emprego e uso: Lingua auxiliar internacional
Total de falantes: 970 en Facebook[1]
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Lingua auxiliar internacional
  Lingua Franca Nova
Categoria (fontes): Linguas románicas
Status oficial
Lingua oficial de: ningún país, mais é usado como lingua oficial por algunhas organizacións.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
SIL: lfn
Mapa
Status

A Lingua Franca Nova (ou LFN) é unha lingua artificial creada polo doutor C. George Boeree da Universidade de Shippensburg, en Pensilvania. Baséase no francés, o italiano, o portugués, o español e o catalán. Ten unha ortografía fonética e escríbese mediante 21 letras do alfabeto latino, aínda que tamén pode escribirse con letras do alfabeto cirílico.

A súa gramática é a dun crioulo latino, moi simplificado, pero é tan expresiva como unha lingua natural.

Historia e comunidade

C. George Boeree comezou a traballar nela en 1965. O seu obxectivo era crear unha lingua internacional que fose simple e similar aos idiomas crioulos. Tiña en mente a lingua franca, un pidgin utilizado na contorna Mediterránea desde o século XIV até ben entrado o XIX. Baseouse en 5 linguas neolatinas xa próximas entre se (o francés, o italiano, o portugués, o español e o catalán; este último por unha razón de neutralidade.) A LFN fixo a súa aparición en Internet en 1998[2].

Un grupo Yahoo! iniciouse en 2002 por Bjorn Madsen. Stefan Fisahn creou tamén un wiki dedicado a esta lingua en 2005 (que figuran a continuación). Presentacións e outros textos están dispoñibles en 12 linguas. Atópanse tamén varios dicionarios, un tutorial e distintos textos (orixinais e traducións). Unha das diferenzas máis importantes desta lingua é o papel que tiveron e teñen os falantes. A comunidade contribuíu significativamente á evolución da lingua. Stefan Fisahn creou en 2005 un wiki para a lingua que hoxe conta con máis de 1300 páxinas e 13.000 edicións[3].

Existe unha revista mensual chamada Orizones Nova (Novos horizontes) de interese xeral, esta foi publicada por David McLeod en 2006 até finais de 2007.

Introducións á lingua e gramáticas hai dispoñibles en 12 idiomas[4], aínda que non todas son boas traducións, por iso os membros da súa comunidade aconsellan estudalo principalmente en Inglés ou Español.

O dicionario máis completo (LFN - Inglés) foi confeccionado por Simon Davies, e ten preto de 10,000 entradas. Tamén é posible atopar pequenos dicionarios en diferentes linguas que son de boa calidade.

Literatura

Desde a súa creación a lingua franca nova ten unha literatura composta por textos orixinais​ e traducidos[5]​.

Literatura traducida

O primeiro texto traducido foi Colinas como elefantes blanca, de Ernest Hemingway traducido por Daniel Alegrett en 1999. É un exemplo de lingua franca nova antiga[6]​:

La colinas tra la vale de la Ebro eseva longa e blanca. Esta parte no ave ombra e no arbores, e la stasion eseva entra du linias de ferovia su la sol. Prosima contra un lado de la stasion, aveva la ombra tepida de la construida e un cortina, fada de cordas de granos de bambu, pendente tra la porta abrida a en la beveria, per mantenir la moscas a estra. La american e la fia ce le acompaniava, sentava se a un tabla su la ombra, estra la construida. Eseva multe calda, e la tren rapida da Barselona venira en cuatrodes minutos. El parava se en esta stasion entra dudes minutos e partiva a Madrid.

En 2008 apareceron outras traducións, "Bocragonia" (o poema "Jabberwocky" de Lewis Carroll) e La cade de la Casa de Usor, traducido por Simon Davies[7]. Este elenista traduciu outras obras como Alisia en la pais de mervelias, traducida en 2010 e publicada en 2012, o que a converteu na primeira publicación en papel nesta lingua.

Velaquí un extracto de Alisia en la pais de mervelias, un exemplo da lingua case no seu estadío final:

“A acel dirije,” la Gato dise, brandante se pedeta destra, “un Xapor abita: e a acel dirije,” brandante la otra pedeta, “un Lepre de Marto. Visita la un o la otra, como tu desira: ambos es fol.”
“Ma me no vole pasa entre persones fol,” Alisia comenta.
“O! tu no pote evita lo,” la Gato dise: “asi, tota de nos es fol. Me es fol. Tu es fol.”
“Como tu sabe ce me es fol?” Alisia dise.
“Sin duta tu es,” la Gato dise, “car si no, tu no ta veni asi.”

Simon Davies tamén traduciu La prinse peti, de Antoine de Saint Exupéry, en 2009. Nun principio, este texto foi traducido por outra persoa pero, despois de descubrir que non se trataba dunha tradución do orixinal, senón a partir do inglés, Simon Davies decidiu volver traducilo desde o principio.

Entre 2013 e 2014 Simon Davies tamén traduciu Tra la miror, e lo cual Alisia trova a ultra[7].

En 2014 C. G. Boeree traduciu La trajedia de re Lear, de William Shakespeare, sendo a primeira obra teatral traducida a lingua franca nova[7].

En 2018 Simon Davies traduciu Un studia en scarlata e o 29 de abril de 2019 acabou a tradución do primeiro libro da Eneida[7].

Me canta armas e la om ci, de la costas de Troia, escluida par fortuna, ia veni la prima a Italia e la bordas Lavinian, multe lansada sur la teras e la profonda par la fortia de la altas, su la coleria memoriosa de Juno savaje; multe ance en gera el ia sufri, asta fundi un site e introdui dios a Latio, de do es la popla Latina, la padres de Alba Longa, e la murones de Roma alta.

O 22 de xuño de 2019 publicouse a tradución de Vicente Costalago do Evanjelio de San Marco[7], baseándose para iso nas versións en inglés e en castelán da Biblia vaticana. É o terceiro texto completo da Biblia traducido a este idioma, sendo a Segunda Epístola de San Xoán o segundo, traducido polo mesmo autor en 2008; e o Eclesiastés o primeiro, traducido por Dave MacLeod en 2006. Traducíronse fragmentos doutras partes da Biblia, como partes dos Evanxeos de San Lucas e de San Xoán.

O 10 de novembro de 2019, Vicente Costalago traduciu o primeiro capítulo do Quixote e o 22 de febreiro de 2020, acabou a tradución do Evanjelio de San Mateo.

Notas

  1. "Lingua Franca Nova". Facebook (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  2. Costalago 2020, p. 37.
  3. Costalago 2020, p. 38.
  4. "Introduis a la gramatica" (en Lingua Franca Nova).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  5. "Leteratur" (en Lingua Franca Nova). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  6. Costalago 2020, p. 43.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Costalago 2020, p. 44.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas