C. George Boeree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C. George Boeree
Nacemento15 de xaneiro de 1952
Lugar de nacementoBadhoevedorp
Falecemento5 de xaneiro de 2021
Lugar de falecementoShippensburg
Causacancro de páncreas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterOklahoma State University–Stillwater e Pennsylvania State University
Ocupaciónpsicólogo, Elefenist, profesor universitario e lingüista
Na rede
https://webspace.ship.edu/cgboer/
editar datos en Wikidata ]

Cornelis George Boeree (Badhoevedorp, Ámsterdam, Países Baixos, 15 de xaneiro de 1952 - Shippensburg, Pensilvania, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 2021[1]​) foi un psicólogo neerlandés, naturalizado estadounidense, e profesor emérito na Universidade de Shippensburg, especializado na teoría da personalidade e a historia da psicoloxía.

Biografía[editar | editar a fonte]

Recibiu o seu doutoramento en 1980 da Universidade estatal de Oklahoma[2].​ É o autor dos primeiros textos sobre psicoloxía en Internet[3],​ os cales están dispoñibles gratuitamente desde 1997. Foron traducidos ao alemán[4],​ o español[5],​ e o búlgaro[6].

Tamén é o inventor do idioma auxiliar lingua franca nova, aparecido en Internet en 1998.

En 1956 mudouse coa súa familia a Long Island, Nova York. En 1972 casou con Judy Kovarik, con quen tivo tres fillas.

Morreu o 5 de xaneiro de 2021 dun cancro de páncreas na súa casa en Pensilvania[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cornelis G. Boeree". legacy.com (en inglés). Consultado o 2021-01-08. 
  2. Social Psychology Network
  3. http://webspace.ship.edu/cgboer/onlinetexts.html
  4. http://www.social-psychology.de/do/PT_intro.pdf
  5. Boeree, C. G. and Gautier Roques, R. E. (translator) (2005). Teorías de la Personalidad. Santo Domingo, Dominican Republic: Universidad Iberoamericana.
  6. http://moradabg.com/perscontents_bg.htm.
  7. Cornelis George Boeree (1952-2021)