Zestoa
Zestoa (coñecida en castelán como Cestona) é un concello vasco pertencente á provincia de Guipúscoa e que forma parte da Comarca da Costa do Urola. En 2007 contaba cunha poboación de 3.410 habitantes.
Índice |
Límites [editar]
A superficie do concello abrangue 43,69 km2. Zestoa linda polo a oeste con o municipio de Deba, polo norte con Zumaia e máis Aizarnazabal, polo oeste con Aia e polo sur con Azpeitia e Errezil.
Localidades [editar]
Aparte da propia Zestoa, outras localidades do concello son: Aizarna, Iraeta, Endoia, Arroa goia, Arroa behea, Lasao, Ibañarrieta e Presalde.
A ver [editar]
- Pazo Lili, gótico.
- Casa do Concello (Udaletxea), data de 1601.
- Balneario de Zestoa datado en (1804.
- Hotel Arotzena 1908.
- Ekainberri, museo réplica da cova de Ekain, datada no Paleolítico Superior, cuxo orixinal está situado no concello de Deba. A reprodución foi inaugurada en setembro de 2008.
Nativos ilustres [editar]
- José Manuel Ibar Aspiazu "Urtain" (1943-1992), harrijatsozaile (levanta-pedras) e boxeador.
- Narciso Balenciaga (1909-1935), pintor.
- Mikel Ibarguren (1967-), escritor.
Outros [editar]
O río Urola atravesa o municipio; é posíbel practicar o sendeirismo a través de camiños que seguen o río até a costa. Parte do territorio municipal está comprendido no Parque Natural de Pagoeta que se comparte con o concello de Zarautz.