Zumaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do concello de Zumaia na provincia de Guipúscoa

Zumaia (en castelán Zumaia) é un municipio do País Vasco (Estado Español), pertencente á provincia de Guipúscoa. Está situado a carón do mar e da baía onde conflúen os ríos Urola e Narrondo. Polo norte limita co mar Cantábrico, e polo sur coas dúas Arroas (Arroa goia e Arroa behea), con Ibañarrieta e con Zestoa. Ao leste está o barrio de Askizu e Getaria. Ao oeste atópase Elorriaga, Iziar e Deba. A súa poboación no 2008 era de 9099 habitantes, que se concentran principalmente no seu núcleo urbano, mais tanto dentro como fora do casco existen barrios dispersados, como poden ser San Miguel de Artadi e Oikia.

O alcalde do concello a partir do 2007 é Iñaki Agirrezabalaga Alkorta, membro de EA e GA, que goberna co apoio de ANV.

Personaxes ilustres [editar]

Outras personalidades ligadas a Zumaia dalgún xeito:

  • Ignacio Zuloaga (1870-1945): Pintor. Elixiu esta localidade como residencia estival. A súa antiga casa (Santiago Etxea), situada xunto á praia de Santiago, convertiuse actualmente nun museo dedicado á súa obra. Durante os seus veráns en Zumaia, a casa de Zuloaga era punto de encontro de intelectuais e artistas españois da época como José Ortega y Gasset (que ten unha rúa na súa honra en Zumaia); Miguel de Unamuno, Pío Baroja, Gregorio Marañón ou Ramón María del Valle-Inclán.
  • Juan Belmonte (1892-1962): Toureiro. Acudiu a tourear varias veces a Zumaia de forma gratuíta e con fins benéficos a petición do seu amigo o pintor Zuloaga. Unha rúa do pobo leva o seu nome.
  • Luis Martínez Kleiser (1883-1971): xornalista e escritor madrileño, moi vinculado a Zumaia. Escribiu un ensaio titulado La villa de Villagrana de Zumaya: Apuntes y pormenores históricos. Ten dedicada unha rúa de Zumaia.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: