Zara Yaqob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZara Yaqob
Biografía
Nacemento1399 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte26 de agosto de 1468 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Debre Berhan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperador de Etiopía
19 de xuño de 1434 – 26 de agosto de 1468
← Amda Iyasus (en) TraducirBaida-Mariam I (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEtiopía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua ge'ez Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía salomónica Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEleni de Etiopía
FillosAbba Saga (en) Traducir, Baida-Mariam I (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiDavi I da Etiópia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsaque I da Etiópia (pt) Traducir e Teodoro I da Etiópia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Zar'a Ya'qob ou Zera Yacob (ge'ez ዘርአ:ያዕቆብ zar'ā yāʿiqōb "Semente de Jacob," moderno zer'un yā'iqōb) nado en 1399 e finado o 26 de agosto de 1468, foi nəgusä nägäst (19 ou 20 de xuño de 1434–1468) de Etiopía (nome real Kwestantinos I,  ge'ez ቈስታንቲኖስ qʷastāntīnōs ou Constantino I), e membro do da dinastía solomónica.[1] Nado en Tilq, na provincia de Fatagar (agora parte da rexión Oromia, preto do río Awash), Zara Yaqob foi o fillo máis novo de Dawit I e a súa raíña máis nova, Igzi Kebra.

O experto británico en Etiopía, Edward Ullendorff, expuxo que Zara Yaqob "foi incuestionabelmente o gobernante máis grande de Etiopía vera desde Ezana, durante o apoxeo do poder aksumita, e ningún dos seus sucesores no trono – exceptuando só os emperadores Menelik II e Haile Selassie – pódense comparar con el."[2]

Paul B. Henze repite a tradición de que os celos do seu irmán máis vello Tewodros I forzou os membros da corte a levar Zara Yaqob a Tigray onde foi criado en segredo, e educado en Axum e no mosteiro de Debre Abbay.[3] Aínda que admitindo que esta tradición "é inavaliábel para dar unha base relixiosa á carreira de Zar'a-Ya'iqob", Taddesse Tamrat rexeita esta historia como "moi improbábel nos seus detalles." O profesor observa que Zara Yaqob escribiu no seu Mashafa Berhan que "foi traído da prisión real do Monte Gishan só na véspera da súa ascensión ao trono."[4]

Reinado[editar | editar a fonte]

Cando morreu o emperador Dawit, o seu irmán máis vello Tewodros ordenou confinar Zara Yaqob en Amba Geshen (arredor de 1414). A pesar disto, os partidarios de Zara Yaqob mantivérono como candidato perenne a emperador. Axudouno a rápida sucesión ao trono dos seus irmáns máis vellos nos seguintes 20 anos, que o deixaron como o candidato cualificado de máis idade.[5] David Buxton sinala o efecto que a súa reclusión forzada tivo na súa personalidade, "privado de todo contacto con persoas normais ou vida normal." Empuxado a unha posición de liderado "sen experiencia nos asuntos de estado, [Zara Yaqob] veuse á fronte dun reino que bulía de conspiracións e rebelións, unha Igrexa esnaquizada polas herexías, e inimigos exteriores que constantemente ameazaban con inavadir." Buxton continúa,

Nas circunstancias era dificilmente posíbel para o novo rei mostrar adaptabilidade ou tolerancia ou habilidade diplomática, as cales son o froito dunha longa experiencia en relacións humanas. Enfrontado a unha situación desesperada e caótica manexouna, polo contrario, con severa determinación e implacábel ferocidade. Cara ao fin da súa vida, sen o afecto e a lealdade mesmo da súa corte e da súa familia deveu unha figura solitaria, illado por sospeitas e desconfianzas. Mais, a pesar de todo, o nome deste gran defensor da fe é un dos máis memorábeis na historia etíope.[6]

A pesar de que converteuse en emperador en 1434, Zara Yaqob non foi coroado até 1436 en Axum, onde residiu por tres anos.[7] Non era infrecuente que os gobernantes etíopes aprazaran a súa coroación até máis tarde.

Xa emperador, Zara Yaqob casou coa princesa Eleni, quen convertérase do islam antes do seu matrimonio. Eleni era a filla do rei de Hadiya, un dos reinos sidamas ao sur do río Abay. A pesar de que non puido darlle fillos, Eleni converteuse nunha política poderosa. Cando saíu á luz unha conspiración que implicaba un dos seus bitwoded (cobselleiro maior), Zara Yaqob reaccionou nomeando para o cargo as súas dúas fillas, Medhan Zamada e Berhan Zamada. Segundo a Crónica do seu reinado, o emperador tamén nomeou as súas fillas e sobriños como gobernadores de oito das súas provincias. Estes nomeamentos non foron exitosos.[8]

Derrotou Badlay ad-Din, o sultán de Adal na Batalla de Gomit en 1445, o cal consolidou o seu control sobre os reinos sidamas do sur, así como os reinos musulmáns débiles máis aló o río Awash.[9] Campañas similares no norte contra os agaw e os falasha non foron tan exitosas.

Despois de presenciar unha luz brillante no ceo (que a maioría de historiadores identificaron como o cometa Halley, visíbel en Etiopía en 1456), Zara Yaqob fundou Debre Berhan e fíxoo a súa capital durante o resto do seu reinado.[10]

Nos seus últimos anos, Zara Yaqob deviño máis despótico. Cando Takla Hawariat, abade de Dabra Libanos, criticou as bouras es asasinatos de Yaqob, o emperador deu unha boura ao propio abade e meteuno no cárcere, onde morreu após poucos meses. Zara Yaqob convenceuse dunha conspiración en 1453, o cal levouno a accións máis brutais. Deveu cada vez máis convencido de que a súa muller e fillos tramaban contra el, e bateu moitos deles. Seyon Morgasa, a nai do futuro emperador Baeda Maryam I, morreu por estes malos tratos en 1462, o cal levou a unha ruptura total entre fillo e pai. Finalmente as relacións entre as dous recompuxéronse, e Zara Yaqob publicamente designou Baeda Maryam como o seu sucesor.

Igrexa etíope[editar | editar a fonte]

Cando Zara Yaqob chegou ao trono, a Igrexa etíope estaba dividida sobre o asunto da observancia do Sabbath desde aproximadamente un século. Un grupa, leal aos bispos coptos, cría que o día de descanso tería que ser observado só en domingo, ou Gran Sabbath; outro grupo, os seguidores de Ewostatewos, crían co seu fundador que tanto o orixinal Sabbath do sétimo día Sabbath (e dicir o sábado, ou Sabbath menor) e o domingo terían que ser observados.

O emperador tivo éxito en persuadir dous bispos exipcios recentemente chegados, Mikael e Gabriel, para que aceptasen un compromiso que apuntase a restaurar a harmonía coa Casa de Ewostatewos, como eran coñecidos os seguidores de Ewostatewos. Á vez, fixo esforzos para pacificar a Casa de Ewostatewos. Aínda que os ewostatianos aceparon o compromiso por 1442, os dous bispos exipcios só aceptárono no Concilio de Debre Mitmaq en Tegulet (1450).[11]

O emperador Zara Yaqob tamén continuou como defensor do patriarca de Alexandría. Cando ouviu en 1441 da destrución do mosteiro exipcio de Dabra Mitmaq polo sultán Jaqmaq, chamou a un período loito e enviou unha forte carta de protesta ao sultán. Recordou a Jaqmaq que tiña súbditos musulmáns que trataba ben, e advertiuno de que tiña o poder de desviar o Nilo, mais que non o facía polo padecemento humano que causaría. Jaqmaq respondeu con agasallos para tranquilizar a rabia de Zara Yaqob, mais refusou reconstruír o as igrexas coptas destruídas.[12]

Segundo Richard Pankhurst o emperador tamén foi "reputadamente un autor de renome" que contribuíu á literatura etíope con tres importantes obras teolóxicas. Unha foi o Mahsafa Berha ("O Libro da Luz"), unha exposition das súas reformas eclesiásticas e unha defensa das súas crenzas relixiosas; o outros foron o Mahsafa Milad ("O Libro da Natividade") e o Mahsafa Selassie ("O Libro da Trindade").[13]

Asuntos estranxeiros[editar | editar a fonte]

Zara Yaqob enviou unha misión diplomática a Europa (1450), liderado por un siciliano, Pietro Rombulo, que anteriormente tivera éxito nunha misión á India, especificamente pedindo traballo cualificado. Rombulo primeiro visitou a papa Nicolao V, mais o seu obxectivo definitivo era a corte de Afonso V de Aragón, quen respondeu favorabelmente.[14] O Concilio ecuménico de Florencia (1438–1445) declarou que Zara Yaqob era o lendario rei Preste Xoán.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Getachew Haile, "A Preliminary Investigation of the "Tomara Tesse't" of Emperor Zar'a Ya'eqob of Ethiopia" in Bulletin of the School of Oriental and African Studies, University of London, Vol. 43, no. 2 (1980), p. 210.
  2. Edward Ullendorff, The Ethiopians: An Introduction to the Country and People, second edition (London: Oxford University Press, 1960), p. 69.
  3. Paul B. Henze, Layers of Time, A History of Ethiopia (New York: Palgrave, 2000), p. 68.
  4. Taddesse Tamrat, Church and State in Ethiopia (Oxford: Clarendon Press, 1972), p. 222 ISBN 0-19-821671-8
  5. Taddesse Tamrat, pp. 278-283.
  6. David Buxon, The Abyssinians (New York: Praeger, 1970), pp. 48f
  7. Taddesse Tamrat, p. 229.
  8. Richard K. P. Pankhurst, The Ethiopian Royal Chronicles (Addis Ababa: Oxford University Press, 1967), p. 32f.
  9. His war against Badlay is described in the Royal Chronicles (Pankhurst, pp. 36-38).
  10. The founding of Debre Berhan is described in the Royal Chronicles (Pankhurst, pp.36-38).
  11. Taddesse Tamrat, p. 230.
  12. Taddesse Tamrat, pp. 262-3
  13. Richard Pankhurst, The Ethiopians: A History (Oxford: Blackwell, 2001), p. 85.
  14. Taddesse Tamrat, p. 264f