Yr Hen Ogledd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Illas Británicas tras a marcha dos romanos, c. 500. En negro os reinos britóns, en marrón os pictos, en azul os irlandeses e en vermello os xermanos.

Yr Hen Ogledd é unha expresión galesa que significa 'O Vello Norte' e que se refire aos reinos britanos posteriores aos romanos situados no que hoxe é o norte de Inglaterra (incluíndo Cumbria e o sur de Escocia. Pode ser que o cúmbrico, un dialecto da linguas britónicas moi parecido ao galés, fose a lingua falada polos Homes do Norte (Gwŷr y Gogledd en galés).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Estes reinos floreceron durante os séculos V, VI e VII na área meridional do territorio dos pictos. A xente destes países eran denominados Gwŷr y Gogledd ou 'Homes do Norte'. Unha serie de liñaxes galeses antigos, coñecidos como Bonhed Gwŷr y Gogleded yw Hyn semellan amosar a descendencia de moitos destes monarcas.[2] A meirande parte deles comezan cun devanceiro común, Coel Hen.

Os nomes dalgúns destes reinos e posíbeis reinos menores perdéronse para a historia. Algúns dos que sobreviviron só se coñecen por unha simple referencia. As terras coñecidas do Hen Ogledd inclúen:

As liñaxes tamén inclúen unha confusa versión da liñaxe de Áedán e Gabrán, xefes do reino gaélico de Dál Riata, entre os Homes do Norte.[2]

Os estados britanos desapareceron todos ou caeron so outros reis como consecuencia dos sucesivos ataques que desde o século VI en diante fixeron os anglos de Bernicia e Deira (que se unificaron para formaren o reino de Northumbria), e os pictos, quen tamén absorberon Dál Riata, e polo tanto uniron os dous territorios do reino de Alba. A máis antiga poesía galesa conservada, coñecida como Hengerdd e representada polas obras de Aneirin e Taliesin, foi composta en Yr Hen Ogledd.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notes[editar | editar a fonte]

  1. Kenneth Jackson, Language and History in Early Britain, p. 9-10
  2. 2,0 2,1 Bromwich, pp. 256–257.
  3. Dunoting/Dunault (North Pennines). The History Files. Data de acceso: 2008-07-25. [http://www.historyfiles.co.uk/KingListsBritain/BritainDunoting.htm – non hai que confundilo co reino menor de Dunoding en Gwynnedd.
  4. Ford, David Nash. Historical Chronology of Early British Kingdoms.  [1]
  5. St. Deiniol Gwyn, Bishop of Bangor Fawr (c. AD 535-584). 2008.  [url=http://www.britannia.com/bios/ebk/deinigpn.html]

Notas[editar | editar a fonte]