Rachel Bromwich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rachel Bromwich, ou Rachel Amos (segundo o seu apelido de solteira), nada en Hove (Inglaterra) en 1915 e finada o 15 de decembro de 2010, foi unha universitaria inglesa que traballou sobre a literatura galesa da Idade Media. En 1938 foi a Gales, á Universidade de Bangor, estudar co Profesor Ifor Williams. Foi el quen lle propuxo publicar o seu traballo sobre as Tríades da Illa de Bretaña. En 1939 casou con John Bromwich e tiveron un fillo.

A súa obra[editar | editar a fonte]

É moi coñecido o seu traballo sobre as Trioedd Ynys Prydain, publicado en 1963 e reeditado en 2005, e sobre a poesía de Dafydd ap Gwilym.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Aspects of the poetry of Dafydd Ap Gwilym: collected papers (1986).
  • Medieval Welsh literature to c.1400, including Arthurian studies: a personal guide to University of Wales Press publications .
  • Tradition and innovation in the poetry of Dafydd ap Gwilym (1967).
  • Trioedd Ynys Prydain (1963, reimpresas en 2006).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Morgan, Gerald (2005) "A Scholar of Early Britain: Rachel Bromwich (1915–)". In Chance, Jane, Women Medievalists and the Academy pp. 769–781. University of Wisconsin Press. ISBN 0299207501.