Gododdin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yr.Hen.Ogledd.550.650.Koch.jpg

Os Gododdin (pronunciado en lingua galesa [ɡoˈdoðin]) foron un pobo britónico da Britannia nororiental (moderno nordeste de Inglaterra e sueste de Escocia) no período posromano de Britannia, a área coñecida como o Hen Ogledd ou Vello Norte. Resultan mellor coñecidos como o obxecto dun poema galés do século VI Y Gododdin, que lembra a batalla de Catraeth e lle atribúena o poeta Aneirin.

O nome Gododdin é a forma galesa moderna; deriva, vía galés antigo Guotodin da palabra britónica Votadini, testemuñada en textos gregos.[1]

Reino[editar | editar a fonte]

Non se sabe con precisión ata onde se estendía o reino dos Gododdin, posibelmente desde a zona de Stirling ao reino de Bryneich (Bernicia), e incluía o que agora son Lothian e as Estremas da Escocia oriental. Limitaba ao oeste co reino britónico de Strathclyde, e polo norte cos pictos. Os que vivían preto de Clackmannanshire eran coñecidos como os Manaw Gododdin.[2][3] Segundo a tradición, os reis locais deste período vivían tanto en Traprain Law como en Din Eidyn (Edimburgo, aínda coñecido como Dùn Éideann en gaélico escocés), e probabelmente tamén en Din Baer (Dunbar).

Suponse que Cunedda, lendario fundador do reino de Gwynedd no norte de Gales, foi un líder militar de Manaw Gododdin que migrou cara o suroeste durante o século V.[4]

Historia posterior[editar | editar a fonte]

No século VI, Bryneich foi invadida polos anglos e pasou a ser coñecida como Bernicia. Os anglos seguiron a facer presión cara o norte. Sobre o ano 600 os Gododdin ergueron unha forza de preto de 300 homes para asaltaren a fortaleza angla de Catraeth, se cadra Catterick, North Yorkshire. A batalla, que rematou en desastre par aos britóns, foi lembrada no poema Y Gododdin.

En 638 Din Eidyn (Edimburgo) estaba sendo cercada e pode que caese en mans dos anglos, pois os Gododdin parece que estiveron soo poder de Bernicia por esa época. Non se sabe ata que punto substituíron a antiga poboación ou a asimilaron. Bernicia volveuse parte de Northumbria, e en 954 foi invadida polo reino danés de Jorvik (York). Pouco despois este pasou a formar parte dunha Inglaterra unificada, logo en 1018 Malcolm II puxos o dominio escocés a rexión at ao Río Tweed.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claudio Ptolomeo, "Geographia" (ca. Século II)
  2. Watson, 1926
  3. Jackson, 1969
  4. Historia Brittonum, visto o 4 de abril de 4, 2009.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ian Armit (1998). Scotland's Hidden History (Tempus [in association with Historic Scotland]) ISBN 0-7486-6067-4.
  • Kenneth H. Jackson (1969). The Gododdin: The Oldest Scottish poem (Edinburgh: University Press).
  • Stuart Piggott (1982). Scotland Before History (Edinburgh: University Press) ISBN 0-85224-348-0.
  • W.J. Watson (1926, 1986). The History of the Celtic Place-Names of Scotland: being the Rhind lectures on archaeology (expanded) delivered in 1916. (Edinburgh, London: W. Blackwood & Sons, 1926; Edinburgh: Birlinn, 1986, reprint edition). ISBN 1-874744-06-8.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]