Yılmaz Güney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yılmaz Güney
Nacemento 1 de abril de 1937
Falecemento 9 de setembro de 1984
Profesión Director de cine
Ficha na IMDb

Yılmaz Güney (1937 - 1984) foi un escritor, actor e director Curda.
Nado nunha vila próxima a Adana, no seo dunha familia curda, estudou dereito e económicas nas universidades de Ancara e Estambul, pero aos 21 entrou en contacto cun feixe de directores novos entre os que estaba Atıf Yılmaz que pretendía superar o cinema turco feito ata entón con outro que reflectise a realidade social do país, Yılmaz Güney traballou primeiro como asistente de Atıf Yılmaz ata que se consagrou como actor, un dos máis recoñecidos da época.
En 1961 foi condenado a 18 meses de prisión acusado de escribir unha novela comunista, en 1965 comeza a dirixir, en 1968 forma a súa propia produtora, Güney Filmcilik. Arrestado de novo entre 1972. En 1981 foxe da prisión e establécese en Francia e en 1982 gaña o Festival de Cannes por Yol. En 1984 morre no exilio en París, e ata 1992 non se permitiron os seus filmes en Turquía.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]