Xosé Manuel Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Manuel Rey Varela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, que dende 2011 é alcalde de Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova, de Ferrol, e posteriormente dereito na universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. En paralelo á súa vida universitaria desenvolve carreira política, afiliándose ao Partido Popular. Como representante da organización de mocidades neste partido, Novas Xeracións, accede ao posto de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.

En 2002 entra como concelleiro en Ferrol grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celébranse eleccións municipais, e sae escollido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular Juan Juncal, encárgalle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En 2007 sae reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasa á oposición, e en 2011 convértese no cabeza de lista dos populares. Nesa posición consegue vencer as eleccións, con 14 974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por só un concelleiro.

Tamén é presidente do Partido Popular de Ferrol e vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia no equipo de Alberto Núñez Feijoo. En novembro de 2011 foi elixido presidente da Fegamp.


Predecesor:
Vicente Irisarri
Escudo Ferrol.jpg
Alcalde de Ferrol

2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Carlos Fernández Castro
Presidente da Fegamp
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]