Wolfgang Haendeler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWolfgang Haendeler
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Opladen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlibretista Editar o valor em Wikidata

Wolfgang August Haendeler nado en Opladen (Renania, Alemaña) en 1962, é un libretista alemán. É dramaturgo do Landestheater de Linz (Austria).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Haendeler naceu en Opladen en 1962 e estudou filoloxía alemá, dramaturxia e filosofía na Universidade de Erlagen, graduándose en dita universidade cunha tese interdisciplinar sobre a ópera de Arnold Schönberg Moses und Aron. Posteriormente realizou estudos de xornalismo cultural na Universidade de Essen, cidade cuxo Alto-Theater encargoulle o seu primeiro libreto na tempada 1991-92.[1]

Entre 1992 e 1998 exerceu como dramaturgo e asistente persoal de Will Humburg, daquela director musical do Städtische Bühnen Münster. A continuación traballou para as óperas de Rostock (1998-2000), Hagen (2000-2003), Kiel (2003-2008) e Wiesbaden (2010-2011). Entre 2008 e 2010, Haendeler traballou como freelance en Hamburgo traballando na terceira ópera do compositor español Cristóbal Halffter, Schachnovelle (baseada na novela homónima de Stefan Zweig),[1] que se estrearía en Kiel o 18 de maio de 2013. Como produtor e libretista colabora co compositor Franz Hummel, co que estreará a ópera sobre Hieronymus Bosch Der Garten der Lüste, baseada na novela de John Vermeulen co gallo do 500 aniversario da morte do pintor en 2016.[2]

Dende a tempada 2011-12 é dramaturgo do Landestheater de Linz (Austria), onde na tempada da estrea do novo teatro traballou como dramaturgo na ópera de Philip Glass Spuren der Verirrten (baseada na obra homónima de Peter Handke).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografie" (en alemán). textkunstwh.de. Consultado o 22 de xaneiro de 2016. 
  2. "Opernprojekte" (en alemán). textkunstwh.de. Consultado o 22 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]