Wohin, kleines Pony?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Wohin, kleines Pony?»
Canción de Bob Martin
Lanzamento 1957
Formato
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Alemán
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Kurt Svab (música)
Hans Werner, Kurt Svab (letra)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Wohin, kleines Pony?» (en galego: «Onde, pequeno poni?») é unha canción composta por Kurt Svab e interpretada en alemán por Bob Martin.[1] Foi elixida para representar a Austria no Festival de Eurovisión de 1957 tras ser seleccionada internamente pola emisora austríaca ORF.[1][2]

Festival de Eurovisión 1957[editar | editar a fonte]

Wohin, kleines Pony?
Canción do Festival de Eurovisión 1957
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Kurt Svab (música)
Hans Werner, Kurt Svab (letra)
Director
Carl de Groof
Resultados
Posto na Final
10.º
Puntos na Final
3
Cronoloxía
«Die ganze Welt braucht Liebe» (1958) ►

Selección[editar | editar a fonte]

«Wohin, kleines Pony?» foi seleccionada para representar a Austria no Festival de Eurovisión 1957 pola emisora austríaca ORF.[1][2]

No festival[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada polo cantante austríaco Bob Martin.[1] A orquestra foi dirixida por Carl de Groof.[3]

Foi interpretada en quinto lugar, seguindo a Italia con Nunzio Gallo interpretando «Corde della mia chitarra» e precedendo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Net als toen». Ao final das votacións, a canción recibiu 3 puntos, obtendo o décimo posto (último) de 10.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 UER (ed.). "Bob Martin - Austria — Frankfurt 1957". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Austria 1957". ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  3. "Carl de Groof". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1957, Carl de Groof. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  4. UER (ed.). "Final of Frankfurt 1957" [Final de Frankfurt 1957]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Primeira aparición

Austria no Festival de Eurovisión

1957
Sucesor:
«Die ganze Welt braucht Liebe»
Liane Augustin