Will & Grace
| Will & Grace | |
|---|---|
| Formato | Comedia de situación |
| Creado por | David Kohan Max Mutchnick |
| Intérpretes |
Eric McCormack Debra Messing Megan Mullally Sean Hayes Shelley Morrison |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 187 (8 Tempadas) |
| Produción | |
| Duración | 20 min. aprox. |
| Distribuidor | NBC |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | NBC |
| Tempo de emisión | 22 de setembro de 1998 – 2006 |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
'Will & Grace' é unha comedia televisiva estadounidense, creada por David Kohan Max Mutchnick. Esta comedia de situación ambiéntase na cidade de Nova York trata sobre a vida cotiá de Will Truman e Grace Adler, un avogado gay e unha deseñadora.
A serie comezouse a emitir na NBC o 21 de setembro de 1998, cunha gran acollida polo público por iso trasladouse ó horario de máxima audiencia da canle estadounidense. Aínda que a audiencia decaeu na sexta tempada, na oitava e última tempada ascendeu novamente. Esta última tempada, rodada entre o 2005 e 2006, tivo un gran capitulo final retransmitido en directo nos EUA, e tamén na América Latina polo canal de Sony.
Will & Grace foi a primeira serie en amosar un a unha parella homosexual bicándose romanticamente, da televisión pública estadounidense.
O título da obra é un xogo de palabras en inglés, qe pode traducirse o galego como Voluntade e Gracia, e tamén é o nome dos protagonistas.
En España comezouse a emitir na canle de RTVE, La 2, e na FOX. Posteriormente emitiríase en Sony Entertaiment Television.
Sinapse [editar]
Will e Grace foran mozos na facultade, e durante esta relación Will descobre a súa homosexualidade. Anos máis tarde, encóntranse no supermercado despois de non verse dende a facultade. Dende este encontro convértense en grandes é inseparábeis amigos. Ó principio da serie, Will coñece a Jack, un amigo cun estereotipo gay ben marcado, Grace contrata no seu estudo de deseño a Karen, unha secretaria que vive do alcol e do diñeiro. Despois do inicio da serie, Jack e Karen gañan protagonismo polas súas personalidades extravagantes, formando outra parella de amigos inseparaveis. Durante as 8 temporadas o elenco recibiu famosos convidados para varios episodios, como Madonna, Elton John, Britney Spears, Cher, Molly Shannon, Alec Baldwin, Ellen DeGeneres, Jennifer Lopez.
Elenco [editar]
| Personaxe | Actor orixinal (Estados Unidos) |
Actor de voz (España[1] |
Actor de voz (Latinoamérica)[2] |
|---|---|---|---|
| Will Truman | Eric McCormack | Iván Muelas | Sergio Gutiérrez Coto |
| Grace Adler | Debra Messing | Carmen Consentino | Sarah Souza |
| Jack McFarland | Sean Hayes | Juan Logar Jr. | Luis Alfonso Mendoza |
| Karen Walker | Megan Mullally | Raquel Martín | Love Santini |
| Estudio de doblaje | Tecnison, S.A (Madrid) | Sonomex (México) | |
| Dirección de doblaxe | Raquel Martín | Sergio Gutiérrez Coto |